HomeSucesosFerido o condutor dun tractor en Bóveda tras envorcar o seu vehículo

Ferido o condutor dun tractor en Bóveda tras envorcar o seu vehículo

Os servizos de emerxencias acudiron este domingo pola mañá á parroquia de Tuimil, no termo municipal lucense de Bóveda, para prestar auxilio a un home que resultou ferido ao envorcar o tractor que manexaba.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o accidente produciuse pasadas as doce horas deste mediodía á altura da estrada que une as localidade de Xullán e Guntín. Foi un particular quen chamou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para solicitar asistencia para o condutor que, inicialmente, non era quen de abandonar o lugar polos seus propios medios.

Así, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Monforte e dos axentes da Garda Civil.

Unha vez no lugar, os equipos de emerxencia confirmaron que o varón atopábase liberado e accesible, descartando o emprego do material de excarceración.

ÚLTIMAS

A Xunta declara a situación 2 por proximidade para as casas dun incendio en Carballedo

A Consellería de Medio Rural declarou un novo incendio forestal este xoves pola noite...

World Central Kitchen: loxística gastronómica para combater os lumes de Quiroga

World Central Kitchen, ONG que se dedica a ofrecer comida ante crises humanitarias, climáticas...

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...