HomeTerra de LemosBóvedaBóveda existiu, existe e existirá... desmentido á inocentada

Bóveda existiu, existe e existirá… desmentido á inocentada

O pasado 28 de decembro este medio sacou unha peza baixo o título "Nace na Comarca de Lemos a plataforma reivindicativa “Bóveda existe!”. Foi unha noticia ficticia, que non responde á realidade, e feita coa boa intención de reivindicar tamén o concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como vén sendo habitual estes anos, Xornal de Lemos aproveita a data do 28 de decembro para elaborar unha noticia ficticia, unha iniciativa que ata agora están acollendo moi ben as nosas lectoras e os nosos lectores.

No día de onte sacamos baixo o titular “Nace na Comarca de Lemos a plataforma reivindicativa “Bóveda existe!” unha peza na que queriamos reivindicar o papel de Bóveda na Comarca. Consideramos, con toda a boa intención, que por ser un concello pequeno e do que non se fala tanto como doutros da contorna, podía resultar interesante visibilizalo.

Dende Xornal de Lemos sabemos que o Concello de Bóveda é un concello tranquilo, con dinamismo e moi ben situado estratexicamente. Ten moito do que presumir e moito que ensinar. En calquera caso, a nosa ‘inocente’ intención –con maior ou menor fortuna– foi lembrar con retranca que Bóveda existe e existirá, e que se fala pouco do seu papel na Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...