Homesociedade57.000€ da Xunta para o punto limpo móbil de Bóveda

57.000€ da Xunta para o punto limpo móbil de Bóveda

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, comprobou este mércores o novo equipamento, financiado con cargo á orde de axudas de 2021 para colaborar coas entidades locais na adquisición deste tipo de instalacións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Javier Arias explicou que nos dous últimos anos, a Xunta leva destinados 1,1 millóns de euros a mellorar a xestión de residuos en 31 municipios da provincia de Lugo, mediante achegas destinadas á habilitación de puntos limpos móbiles ou espazos de autorreparación, o fomento da compostaxe e a implantación da recollida separada da fracción orgánica.

Engadiu que a Xunta ten aberto -ata o 31 de xaneiro– o prazo de solicitudes de dúas novas convocatorias, con diferentes liñas de actuación, dirixidas a entidades locais para mellorar a xestión dos residuos urbanos. Están dotadas cun orzamento de 15,7 millóns de euros.

Unha delas destina 2,2 millóns de euros a apoiar a instalación de puntos limpos móbiles e a recollida dos residuos domésticos especiais, é dicir, aceites domésticos usados ou téxtiles. Os concellos que desexen contar cun punto limpo itinerante poden solicitar unha axuda de ata 70.000 euros ou de ata 100.000, se a convocatoria é conxunta, para adquirir un vehículo que facilite a recollida de residuos urbanos especiais.

A segunda orde ten por obxecto mellorar a xestión dos biorresiduos, mediante unha liña de axudas aos concellos para introducir o quinto contedor no servizo de recollida municipal (dotada con 8,5 M€) e outra para fomentar a compostaxe doméstica ou comunitaria (4,9 millóns).

Neste enlace cóntase con información de funcionamento do servizo no concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte incentiva o concurso de Maios e Coplas con 1.900 € en premios

O Concello de Monforte prepárase para a súa cita cunha das tradicións primaverais que...

Atopan o corpo do mozo desaparecido en kayak nos Peares

O cadáver foi detectado por un dron da Axencia Galega de Emerxencias (Axega). Tras o...

O obradoiro de emprego A Pinguela III impartirá módulos de carpintaría e albanelaría de urbanización

O obradoiro dual de emprego A Pinguela III creará 24 postos de traballo durante...

Quiroga e Paradela na campaña Toponomízate deste ano

Nesta edición da iniciativa divulgativa, coordinada pola Real Academia Galega coa colaboración da Consellería...