HomeDeportesSarria celebra ata o 23 de novembro a 13 Ruta 4x4

Sarria celebra ata o 23 de novembro a 13 Ruta 4×4

A Xunta renova a súa colaboración coa Ruta 4x4 da Comarca de Sarria, que celebra a 13ª edición desde o venres 21 ao domingo 23 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A competición, organizada pola asociación Os Carro x Catro e o Concello de Sarria, conta con medio milleiro de persoas inscritas nas modalidades de todoterreo, quads, buggies e motos.

Os participantes farán un percorrido turístico por diferentes enclaves dos municipios de Sarria, Samos, O Incio e A Pobra do Brollón. Ademais, o domingo haberá probas de habilidade no polígono do Morelle.

A directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López felicitou a asociación promotora pola traxectoria desta cita, cun éxito crecente cada ano.

ÚLTIMAS

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...