HomeTerra de LemosBóvedaFeira Outrora 2025: tradicións, etnografía, artesanía e 'experiencias gastronómicas'

Feira Outrora 2025: tradicións, etnografía, artesanía e ‘experiencias gastronómicas’

A feira máis enxebre do sur de Lugo celebra este ano a súa XXI edición na vila de Rubián, no Concello de Bóveda. o vindeiro luns 14 de xullo. Entre os clásicos deste evento está a recreación dunha malla tradicional, e como atractivo engadido deste ano, a Xunta ofrecerá aos visitantes a posibilidade de gozar de degustacións gratuítas de produtos galegos de primeira calidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O vindeiro luns 14 de xullo terá lugar a XXI Feira Outrora de Rubián, un evento que se celebra na localidade de Rubián, no Concello de Bóveda. Este ano participarán máis de 35 postos típicos das feiras nos que se poden atopar produtos gastronómicos (da corte e da horta), diferentes propostas de artesanía, mostras e venda de ferramentas, apeiros de labranza, maquinaria agrícola, artesanía, oficios, téxtil, etc.

Como noutros anos, non poderán faltar os grandes clásicos desta celebración: a música tradicional ambientando a feira, a recreación dunha malla tradicional no campo da festa e a degustación do “isco no guizo”.

Como novidade este ano haberá, para a veciñanza e visitantes, diferentes degustacións de balde de produtos galegos dende as 11 ata case as 19:00 h. do serán. Estas catas chegan a Rubián da man da Xunta de Galicia (Agacal) e poñerán en valor a calidade de produtos galegos como a tenreira galega, os queixos e algúns doces –galletas artesás de Xián e a Torta de Sarria–.

PROGRAMACIÓN MATINAL

O comezo da Feira de Outrora terá lugar ás 10:00 horas coa apertura de postos, e a partir das 11:00 h. haberá, exposicións, demostracións e obradoiros en diferentes postos de artesanía que chegan a Rubián da man do Centro de Artesanía e Deseño.

Como actividades de lecer e acompañamento salientar que ás 10:15 horas comezará unha interesane exhibición de escultura con motoserra, ás 11:30 h. haberá un pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas do Concello de Bóveda e ás 12:30 h. actuará o colectivo das Pandereiteiras Xograres de Lemos. Este último grupo tamén actuará ás 14:00 h.

‘EXPERIENCIAS DE CALIDADE’

Trátase dunha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia que trae a Rubián cinco degustacións gratuítas de produtos do país como a tenreira galega, os queixos ou a Torta de Sarria.

Haberá catro pola mañá, en horarios de 11:00 a 11:45 h.; 12:00 a 12:45 h.; 13:15 a 14:00 h.; e 14:15 a 15:00 h. nas que os produtos protagonistas serán o queixo e a Tenreira Galega. O chef Marcos Arufe estará presente nas catas-degustacións con Tenreira Galega.

E pola tarde, presentada como merenda, a degustación restante –de produtos doces– farase da man de Sacra Pan, S.L. e Torta de Sarria de 18:00 a 18:45 h. As responsables destes proxectos estarán acompañadas do chef Marcos Arufe.

Aquí o planing de horarios e actividades ao detalle:

PROGRAMACIÓN DE TARDE

A partir das 16:00 horas haberá demostracións participativas nos postos de artesanía e ás 17:00 horas retómanse os obradoiros do Centro de Artesanía e Deseño.

Ás 17:30 horas haberá teatro a cargo de Raquel Crespo coa peza ‘Punto en boca: entre fíos anda o lío’ e ás 18:30 horas terá lugar a ‘Festa da Escuma’, a actividade máis esperada cada ano pola rapazada.

Ás 19:30 horas a Coral de Bóveda ofrecerá un concerto na Capela e a continuación, sobre as 2o:30 h. procederase á recreación da malla tradicional.

Como remate á intensa xornada, ás 21:00 h. pecharanse os postos, ás 21:30 degustarase o “Isco no guizo”, e ás 22:00 h. actuará o DJ Vizcaíno.

Recreación da malla. Concello de Bóveda.

ÚLTIMAS

A entidade AGORA presenta a reforma do aseo do seu Centro de Atención Diurna

Co fin de  mellorar as súas instalacións e que as mesmas sexan un referente...

O PP de Monforte presenta unha moción para mellorar a seguridade da estrada provincial en Piñeira

A voceira popular, Katy Varela, explica que os traballos realizados non contemplaron o aumento...

O (Re)encontro: entrando na Xeración Lugo da Rede Museística e nun modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto...

Extinguido o incendio forestal de Cangas, en Pantón

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello de...