HomeTerra de LemosBóvedaPromoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

Promoción de produtos agroalimentarios de calidade en Bóveda

Foi este pasado luns, no transcurso da XXI edición da Feira Outrora. En representación da Axencia Galega da Calidade Alimentaria estivo o seu Director, Martín Alemparte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A XXI edición da Feira Outrora, en Rubián, contou este ano coa presenza da Axencia Galega da Calidade Alimentaria promocionando diferentes produtos agroalimentarios de calidade con catas e degustacións para os asistentes.

Dentro do programa de actividades “Experiencias de Calidade”, promovido pola Consellería do Medio Rural, os visitantes da Feira Outrora gozaron de catas-degustacións dos queixos galegos con denominación de orixe protexida gañadores dos ouros nas Catas do Queixos de Galicia 2024. Salomé Beiroa, catadora de queixos e membro do panel de catas, foi a presentadora desta actividade. Ademais, tamén houbo catas de produtos de Artesanía Alimentaria, coa participación de Chelo López, responsable de Gandaría Quintián; e do chef Marcos Arufe, do Espazo Gastronómico Remollo.

Ademais, ao longo da xornada celebráronse actividades coa carne de Ternera Gallega como protagonista, nas que se contou coa participación do director de promoción do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida e co chef Marcos Arufe.

Degustacións de Ternera Galega. Foto: Prensa Xunta de Galicia.

Pola tarde pechouse a xornada cunha merenda elaborada con produtos de Artesanía Alimentaria na que estiveron presentes Tamara Castro, responsable de Sacra Pan S.L., que elaboran as tradicionais galletas de Xián; e Lourdes Pombo, responsable de Torta de Sarria.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...