HomesociedadeMercado temático de plantas e flores en Monforte

Mercado temático de plantas e flores en Monforte

O sábado 25 e o domingo 26 o espazo expositor da praza de Abastos acollerá un encontro especializado en xardinaxe e horticultura.

Publicado o

- Advertisement -

Aqueles interesados/as en todo o relacionado coa horta e cos xardíns non se poden perder esta oportunidade na que se encontrarán con todo tipo de produtos relacionados con este mundo, dende plantas e flores de todo tipo ata ferramentas específicas para a horta, elementos de decoración interior e exterior, testos, etc.

O Mercado das Plantas e Flores está enmarcado na campaña que se realiza cada ano coa axuda da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. Coñecida como “Quere o teu mercado” intenta potenciar as Prazas de Abastos galegas.

Así mesmo, cómpre lembrar que esta iniciativa que promove a Xunta de Galicia forma parte dunha campaña internacional para o fomento do mercado de proximidade e as prazas ou mercados que aínda se conservan nas vilas e cidades. A data escollida para esta celebración é sempre o último sábado de maio. Todo o relativo a esta iniciativa podedes atopalo na web de “Quere o teu mercado”.

Posto relacionado coa horta na Praza de Abastos / XdL

actividades paralelas

O Mercado das Plantas e Flores contará, ademais de con varios/as expositores/as, con obradoiros relacionados coa xardinería.

O primeiro deles estará dedicado a aprender a “construción dunha espiral de plantas aromáticas”, a cal serve para captar fauna beneficiosa para a horta. Este obradoiro realizarase o sábado 25 de 18:00 a 20:00 horas e está dirixido para todo tipo de público.

O segundo obradoiro ,dirixido aos pequenos/as da casa, terá lugar o domingo 26 a partires das 11:30 h. e consistirá na “decoración de testos para plantas” empregando para tal fin materiais reciclados.

Durante a celebración deste mercado haberá diferentes agasallos para os clientes que participen e anímase a difundir o evento nos perfís das redes sociais da campaña. Os que compartan unha foto mercando na praza durante o evento e nomeen o perfil @quereoteumercado ou empreguen o hashtag #quereoteumercado serán agasallados cunha mochila térmica e un mandil.

Respecto aos horarios, o espazo expositor estará aberto de 10:00 a 14:00 h. o sábado pola mañá e de 17:00 a 20:30 h. pola tarde. O domingo só abrirá de 11:00 a 14:00 h.

ÚLTIMAS

Charla sobre a antiga bailía templaria de Canaval

A conferencia, a cargo de Almudena Bouzón Custodio, doutora en Historia Medieval pola USC, abordará...

IGV denuncia que “o campo galego véndese aos lobbies en Bruxelas”

IGV lamenta nun comunicado que moitos partidos estatais practican un duplo rexistro "para enganar...

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...