HomesociedadeAberto o prazo das Escolas Municipais de Música e Danza de Monforte

Aberto o prazo das Escolas Municipais de Música e Danza de Monforte

Para as inscricións deben dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de 10 a 13 h, e de 17 h e as 19 h. ou ben através da sede electrónica do Concello.

Publicado o

- Advertisement -

As especialidades que se ofertan en Música son as seguintes:

  • Música e Movemento, para nenos e nenas de entre 4 e 5 anos.
  • Percusión: batería e percusión.
  • Percusión galega: pandeireta, tamboril, bombo e pandeiro.
  • Acordeón.
  • Guitarra española, Guitarra eléctrica.
  • Gaita, Clarinete, Frauta traveseira, Saxofón.
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas

Completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como coa participación en grupos colectivos que se organicen na Escola Municipal de Música. 

A Escola Municipal de Danza desenvolverá actividades relacionadas coa escenografía escénica aplicada á danza. Ofrécense espacialidades de:

  • Danza tradicional Galega, a partir de 5 anos.
  • Danza Contemporánea / Moderna, a partir de 9 anos.
  • Ballet clásico, a partir de 5 anos.

Desde a Escola Municipal de Danza o obxectivo será darlle un novo impulso a danza cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...