HomesociedadeNovas empresas para o Polígono de Monforte

Novas empresas para o Polígono de Monforte

O Consello de SEA, Suelo Empresarial del Atlántico, autoriza a venda de dúas parcelas no parque empresarial de Monforte de Lemos.

Publicado o

- Advertisement -

O Consello de Administración de “Suelo Empresarial del Atlántico” adxudica dúas parcelas no Polígono Industrial do Reboredo, en Monforte de Lemos. Unha delas conta cunha superficie de 7.046 metros cadrados e un valor de 137.397 euros máis IVE. A outra operación de venda correspóndese cunha parcela de 5.000 metros cadrados, cuxo valor é de 97.500 euros máis IVE.  

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, destaca “a importancia da aposta por chan industrial como estratexia de crecemento ordenado e sustentable de máis empresas galegas ou que se asenten en Galicia, coas consecuentes melloras na prosperidade do territorio e no incremento dos postos de traballo nesta terra”.

O Polígono Industrial so Reboredo ten unha superficie de 365.675 metros cadrados, dos que 275.235 metros cadrados son de uso industrial, 3.657 metros cadrados para uso social, 7.313 metros cadrados para zonas deportivas e o resto para viarios e aparcamentos.

 

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de Chantada que celebran o 23 o Folión de Carros e o pregón

O Concello de Chantada celebra as súas Festras Patronais na honra á Virxe do...

Monforte pecha as Feiras do Libro en Galicia

As casetas presentes nesta edición son as de A Gata Tola (Santiago de Compostela),...

Este 22 de agosto XV Feira de Artesanía e Produtos da Terra do Incio

Os expositores abrirán os stands ás 11:00h para media hora dar comezo aos obradoiros...