HomesociedadeObradoiro de dixitalización o 11 de maio no Ateneo Casino

Obradoiro de dixitalización o 11 de maio no Ateneo Casino

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Lugo e o Ateneo colaboran para impartir un obradoiro de dixitalización que terá no lugar no Ateneo Casino, o 11 de maio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A actividade enmárcase nunha serie de obradoiros que a AJE organiza para este 2021. Son talleres orientados a empresarios e emprendedores, así como calquera persoa interesada en aprender ferramentas de xestión para empresas, marketing dixital, manexo de datos, etc.

O obradoiro do próximo martes no Ateneo Casino será impartido por Leticia Prada da Escuela de Emprendedores, e tratará os procesos de xestión empresarial ERP e CRM. Tamén participará Computer 3, empresa especializada en transformación dixital.

A formación terá lugar o martes 11 en horario de 10:30 a 13:00, mais será retransmitida tamén telemáticamente para quen non poida asistir ou desprazarse ata o Ateneo. As inscricións recóllense en info@ajelugo.com ou no teléfono 982 22 46 99.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...