InicioTerra de LemossanidadeVerán, festas, menores e alcol, unha bomba de reloxería

Verán, festas, menores e alcol, unha bomba de reloxería

Publicado o

- Advertisement -

A Federación Española de Bebidas Espirituosas (FEBE) e o Ministerio de Sanidade crearon o proxecto Cidades en Rede Menores nin unha pinga, que ten como obxectivo obter o apoio das institución públicas e privadas para impulsar accións destinadas á prevención de consumo de alcol por parte dos menores de idade.

Colaborando con esta iniciativa de prevención e educación sanitaria, e baixo o lema, Menores nin unha pinga, as farmacias do Val de Lemos exhibirán un cartel no seu escaparate e repartirán preto de 250.000 folletos entre os máis novos e as súas familias.

O Servizo de Prevención da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte, lembra a importancia de campañas desta índole e, a maiores, facilitan o teléfono da súa oficina, 982.40.04.95, o seu enderezo de correo electrónico e a súa dirección en Facebook, Unidade Asistencial de Drogodependencias Servizo de Prenvención, para que todas aquelas persoas que necesiten máis información ou axuda neste campo, se poñan en contacto con eles co fin de atallar un problema de saúde entre os máis novos.

Segundo o Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade, a idade media para comezar no consumo de bebidas graduadas é os 13 anos. Unha idade moi temperá para ter o primeiro contacto con estas bebidas e que, na actualidade, está moi presente no tempo de lecer e nas relacións sociais dos máis novos.

Segundo os datos arroxados polo ministerio, o 75,1% dos adolescentes de entre 14 e 18 anos consumiron alcol algunha vez na súa vida e 6 de cada 10 emborrachouse mínimo, unha vez. Dentro destas cifras, destaca que as mozas son as que máis se emborrachan pero son eles, os mozos, os que máis cantidade de bebida inxiren.

Aínda que os menores de idade consideran que beber 4 ou 5 copas durante a fin de semana non lles vai producir danos, a realidade é ben contraria. As consecuencias probadas destas condutas son danos físicos, psíquicos e sociais ao non ter completado o seu desenrolo e a longo prazo provoca, en moitos casos, unha dependencia do alcol na vida adulta. E é que a falta de madurez do cerebro dun adolescente dificulta o manexo das sensacións e efectos que produce o consumo de bebidas alcólicas diminuíndo a súa atención, a súa capacidade e tempo de reacción e a dificultade para a toma de decisións. Por outra banda, prodúcense actitudes violentas, agresións, alteracións nas relacións familiares, amigos, compañeiros e docentes, e ó contrario do que pensan moitos adolescentes, manter relacións sexuais sen protección borrachos, non impide que se produzan embarazos nin contraer enfermidades de transmisión sexual.

Pero, que motiva aos rapaces a beber a tan corta idade?

Segundo os expertos, non hai unha soa causa. Dende a búsqueda dos efectos psicoactivos do alcohol ata percibir co seu consumo mellora as relacións cos demais, serve de evasión, é útil nas celebracións e momentos de festa ou serve para integrarse e demostrar que se é adulto.

Dende hai uns anos, estendeuse a costume de beber en atracón, o famoso botellón durante as fins de semana. Do case 60% de rapaces entrevistados, un 99,8%, é dicir, prácticamente todos beberan durante os días de descanso.

beber na rúa

Como comentamos, gran parte do alcol inxerido polos menores é durante as fins de semana e xeralmente fano na rúa. Os parques son os sitios preferidos polos máis novos para reunirse e beber en atracón. A imposibilidade de vender alcol a menores de idade nos locais e o feito de que mercando entre varios unha botella e refrescos sáelle moito máis económico (botella que xeralmente merca un dos amigos maiores de idade no supermercado), provoca que os grupos de amigos espallados polas zonas de lecer das cidades sexa unha constante.

Aínda que non é legal beber na rúa, e actualmente é motivo de multa, o certo é que é un tema pendente para o Estado. Nos últimos anos propuxéronse múltiples opcións para poñer fin a este costume social. As multas, o sistema máis recorrente neste tipo de actuacións, non son efectivas e é que gran parte delas, son desestimadas ó momento, pois os xuíces consideran que a palabra dun policía de que se estaba a beber na rúa sen máis probas, non é suficiente. Ademais, a meirande parte dos multados decláranse insolventes pois aínda están estudando e non teñen fonte de ingresos para facerlles fronte.

Así pois, un problema de saúde pública como é a inxesta de alcol en menores, aínda está sobre a mesa aínda que os expertos apuntan que realmente a solución é a educación e non a imposición de multas.

 

 

 

 

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...