IniciosociedadeA oficina de turismo de Monforte bateu records de visitantes este verán

A oficina de turismo de Monforte bateu records de visitantes este verán

As principais procedencias no ámbito nacional nestes dous meses de xullo e agosto do 2021, foron Madrid, Barcelona, País Vasco e Andalucía. No eido internacional, os países que encabezan a procedencia de visitantes son Francia e Portugal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nos meses de xullo e agosto de 2021 na Oficina Municipal de Turismo de Monforte atendéronse 11.520 persoas, “cifra nunca antes alcanzada dende que temos rexistros estatísticos de visitantes nesta oficina, e que supera con creces os datos de anos anteriores para ese mesmo período”, sinala o alcalde.

“Se comparamos o mesmo período de tempo en anos anteriores, en xullo e agosto de 2020 atendéronse na Oficina de Turismo a 6.099 visitantes, unha cifra salientable tendo en conta que estabamos en plena incidencia da pandemia da Covid-19”, resalta o Alcalde. “Da mesma forma, se observamos o ano previo á pandemia, nestes dous meses de 2019 pasaron pola Oficina de Turismo 6.772 persoas”.

O incremento entre o ano 2019 e o ano 2021 en canto a número de usuarios da Oficina de Turismo de Monforte é dun 170%. As cifras por meses e anos en número de visitantes da Oficina Municipal de Turismo, foron as seguintes:

  • 2021: 4.285 persoas no mes de xullo e 7.235 no mes de agosto.
  • 2020: 2.124 en xullo, 3.975 en agosto.
  • 2019: 2.352 en xullo, 4.420 en agosto.

Durante os meses de xullo e agosto de 2021 visitaron a Torre da Homenaxe 7.256 persoas (2.824 en xullo e 4.432 en agosto),  mentres que no mesmo período do pasado ano 2020 foron un total 3.729 visitantes (1.487 en xullo e 2.242 en agosto). Finalmente, en 2019, alcanzouse un total de 2.780 visitas na Torre da Homenaxe monfortina (747 en xullo e 2.033 en agosto). Facendo unha comparativa porcentual nos últimos tres anos, o incremento entre o 2019 e o 2021 é do 261%.

Museo do Centro do Viño e peregrinos do Camiño de Inverno

O número de visitas ó Museo do Centro do Viño tamén rexistra un novo incremento para os meses de xullo e agosto de 2021, no que foron 925 persoas as que o visitaron (259 en xullo e 666 en agosto). Con respecto ó mesmo período para 2020, foron un total de 623 persoas (235 en xullo, 388 en agosto), e en 2019, 783 (303 en xullo e 480 en agosto).

En canto a peregrinos do Camiño de Inverno atendidos na Oficina Municipal de Turismo durante estes dous meses de 2021 foron 186 (94 en xullo e 92 en agosto), fronte ós 73 do mesmo período do pasado ano 2020 (30 en xullo e 43 en agosto) e os 134 peregrinos que pasaron nos meses de xullo e agosto 2019 (67 en xullo e 67 en agosto).

Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra están de moda

Tras valorar estes datos, proporcionados pola Oficina de Turismo do Concello, o Alcalde salienta os excelentes resultados acadados neste verán en Monforte que “a pesar da incidencia da pandemia, que nos obrigou a cancelar eventos tan importantes como o Festival do Viño, o Verán Cultural ou as Festas Patronais, estes datos en canto a número de usuarios dos nosos servizos turísticos demostran que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra están de moda, e se constitúen coma un dos principais destinos turísticos do interior de Galicia”.

Neste senso, Tomé Roca recordou que Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra son actualmente un dos destinos turísticos máis solicitados de Galicia, “o que da boa mostra do noso potencial e do actual incremento da afluencia turística que estamos tendo nos últimos anos. Proba diso, é que a Ribeira Sacra ocupa o primeiro posto no ranking dos 10 lugares únicos en Galicia”.

ÚLTIMAS

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...