HomeSucesosUn falecido e varios feridos de gravidade tras o incendio deste domingo...

Un falecido e varios feridos de gravidade tras o incendio deste domingo nunha vivenda de Roberto Baamonde

Unha das persoas feridas no incendio rexistrado este domingo no edificio da rúa Roberto Baamonde de Monforte, un home de 52 anos de idade, faleceu no hospital por mor das lesións sufridas. Mentres tanto, outro dos afectados foi trasladado á unidade de queimados do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) e espérase que unha segunda persoa sexa derivada a este mesmo servizo proximamente. O resto permanecen no hospital monfortino.

Publicado o

- Advertisement -

O lume iniciábase ao redor das 7,30 horas da mañá deste domingo nun inmoble de tres plantas da rúa de Roberto Baamonde e preto das 11,00 os bombeiros dérono por extinguido. Segundo informa Europa Press, a chamada de alerta, tal e como apuntan fontes da Policía Local, deuna un varredor, xa que os veciños atopábanse durmindo.

Unha vez recibiu o aviso, o 112 puxo en marcha un operativo no que participan os bombeiros de Monforte, a Policía Local e a Nacional. Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ocupáronse do traslado de sete das persoas afectadas. Ademais, unha menor foi evacuada posteriormente ao hospital por particulares.

Segundo o 112, o incendio xa está controlado, pero os servizos de emerxencias continúan no lugar dos feitos ata que o lume estea extinguido por completo.

As forzas de seguridade emprenderon unha investigación sobre as causas deste incendio, que se podería orixinar por un forno eléctrico, tal e como apuntan as mesmas fontes. O 112 tamén pasou aviso aos Bombeiros de Chantada e aos efectivos de Protección Civil da localidade, por se fose necesaria a súa colaboración. O que rematou sendo unha traxedia comezaba horas antes co desaloxo da vivenda e o traslado dos feridos ao Hospital Comarcal de Monforte.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco chega a Monforte dentro da programación teatral do primeiro semestre de 2026

A carteleira deseñada desde a Concellería de Cultura, e dentro do circuíto da Rede...

Arias aborda co alcalde de Taboada as melloras que se executarán na estrada autonómica LU611 que conecta con Rubián

Entre outras cuestións, Arias avanzou que a Xunta executará obras de conservación e mellora...

Atropelado por un tren tras cruzar un paso a nivel en Monforte

Un home resultou ferido este domingo tras ser atropelado por un tren en Monforte....

A Fundación Amigos de Galicia desenvolveu 1.428 atencións de orientación laboral na provincia durante o 2025

A atención presencial préstase desde a oficina situada na rúa Rolda das Mercedes, 14,...