HomeSucesosOito persoas feridas e un edificio desaloxado por un incendio nun piso...

Oito persoas feridas e un edificio desaloxado por un incendio nun piso de Monforte

Nas primeiras horas da mañá deste domingo, 26 de decembro, oito persoas, entre as que se contaba unha menor, resultaron feridas de diversa consideración, nun incendio que obrigou a desaloxar un edificio na rúa Roberto Baamonde de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ás 07:30 horas de hoxe un lume no interior dunha vivenda da Rúa de Roberto Baamonde alertaba aos veciños, que deberon abandonar o inmoble ata finalizar as tarefas de extinción. O 112 Galicia recibiu a alerta e enseguida púxose en marcha un operativo no que participaron Bombeiros de Monforte de Lemos e os axentes da Policía Local e Nacional, que confirmaron o desaloxo do edificio de tres plantas no que se declarou o lume.

Pola súa banda, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ocupáronse do traslado de sete das persoas que resultaron afectadas, mentres que os bombeiros fixeron fronte ás lapas.

De acordo coa Policía Local, unha menor foi evacuada ao hospital por particulares. Agora, o incendio está controlado, pero os servizos de emerxencias continúan no lugar dos feitos ata a completa extinción do lume.

ÚLTIMAS

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...

Rexistrados dous tremores de terra en Taboada

Segundo os datos do IGN (Instituto Geográfico Nacional), o primeiro tremor produciuse sobre as...

Labores de mantemento no encoro dos Peares condicionan desde o 12 de outubro as rutas en catamarán polo Miño

A baixada do nivel da auga comezará o vindeiro 12 de outubro, ata acadar...

Renfe ofertará unhas 39.000 prazas para a ponte do Pilar no corredor Galicia-Madrid

Con motivo da ponte do Pilar, Renfe poñerá ao dispor dos viaxantes máis de...