HomesociedadeMonforte reservará prazas de emprego público para persoas con discapacidade

Monforte reservará prazas de emprego público para persoas con discapacidade

A valedora do pobo emitiu unha recomendación, que foi admitida polo concello, para cumprir coa reserva legal de prazas de emprego público municipal para persoas con diversidade funcional.

Publicado o

- Advertisement -

A valedoría do pobo tiña recibido dúas queixas denunciando que o concello de Monforte non cumpría a taxa de emprego público para persoas con diversidade funcional. Despois da investigación correspondente a valedoría recomendou ao concello axustar á porcentaxe legal de emprego as convocatorias e incluír na reserva de postos a persoas con discapacidade intelectual. O concello vén de aceptar a recomendación. Na súa resposta á resolución da valedora, o concello comprometeuse en concreto a “adoptar as medidas que resultan das normas legais aplicables á selección de persoal”.

As novas medidas contentan á valedora do pobo por avanzar na efectividade de promoción de emprego público a persoas con dificultades e garantir a súa inclusión no eido laboral.

ÚLTIMAS

Comeza o Circuíto Profesional de Teatro en concellos de Lugo

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo fomenta a inclusión de teatro profesional dentro das...

Comeza a urbanización do Campo da Feira de Taboada

Nesta primeira intervención, lévase a cabo a construción dunha pequena praza no inicio da...

Espectacular axenda de outubro para celebrar o 25 aniversario do CC Ponte Vella

O Centro Comercial Ponte Vella, de referencia na Ribeira Sacra, presenta un amplo...

Chantada mellora o miradoiro Sobre Cabo do Mundo

A brigada de parques e xardíns acondicionou este miradoiro cambiando as estruturas de madeira...