HomePolíticaMellorar a recollida de lixo no rural, reclaman os populares monfortinos

Mellorar a recollida de lixo no rural, reclaman os populares monfortinos

O grupo municipal do PP defenderá na próxima sesión plenaria unha iniciativa para que o Concello intensifique o control sobre como se levan a cabo estas tarefas na zona rural do municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde o PP que a veciñanza do rural tenlles manifestado que a recollida do lixo nas parroquias de Monforte é claramente mellorable.

Katy Varela explica que “o PP de Monforte visitou varias parroquias nas últimas semanas e recolleu suxestións e queixas dos veciños”. Nese recorrido, di a portavoz popular, “chamounos moito a atención como nalgunha zona os contedores estaban a rebordar de lixo sen recoller; en concreto, na parroquia de Sindrán os veciños aseguran que por algunhas zonas o camión só pasa unha vez ao mes”. Engade: “Efectivamente comprobamos que hai contedores a rebordar de lixo, que seguramente levan bastante tempo nese estado”.

Os populares teñen comprobado que o mesmo que ocorre en Sindrán pasa noutros lugares do Concello, polo que presentarán unha iniciativa para mellorar a recollida de lixo na zona rural de Monforte.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...