HomeSucesosInterceptado en Monforte por circular con exceso de velocidade e co carné...

Interceptado en Monforte por circular con exceso de velocidade e co carné retirado

Unha orde xudicial sacáralle o carné por ser responsable, en outubro pasado, dun accidente de tráfico no que deu positivo por alcoholemia.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil investiga o condutor dun turismo que foi interceptado nun control de velocidade na estrada CG-2.2 de Monforte de Lemos, cando circulaba a 136 quilómetros por hora nun tramo cuxa velocidade máxima permitida é de 90, e co carné retirado.

Segundo informaron fontes do Instituto Armado, os axentes que identificaron o condutor comprobaron que lle consta unha perda de vixencia do carné, ata agosto, por esgotar todos os puntos, e que tamén ten retirado o permiso de conducir por orde xudicial ata outubro.

Esta suspensión xudicial impúxoselle por ser responsable, en outubro pasado, dun accidente de tráfico no que deu positivo por alcoholemia. Así mesmo, a perda de puntos do carné produciuse por conducir baixo os efectos do alcol e por circular con exceso de velocidade.

Neste caso, foi interceptado novamente por un exceso de velocidade e a Garda Civil instruíu dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria. O condutor foi citado para comparecer nunha vista rápida nos xulgados de Monforte.

ÚLTIMAS

“Andares” do xornalista, Luís Celeiro, preséntase este 30 de xaneiro en Samos

O académico de número da Academia Xacobea, Luís Celeiro Álvarez e vicepresidente da Asociación...

OPINIÓN: Oitenta e catro anos da traxedia da Balsada

Ademais dos corpos arrastrados na loita contra os franceses no século XIX, moitos foron...

Os traxes tradicionais do Entroido de Budián abrirán o Desfile do 21 de febreiro en Pantón

Este ano serán os traxes tradicionais do Entroido de Budián os que abran o...

A ANPA do CEIP de Sober protesta pola “discriminación educativa” que padecen

A ANPA do CEIP Plurilingüe Virxe do Carme de Sober protesta para manifestar a...