HomesociedadeMonforte e Sarria terán os seus obradoiros de emprego

Monforte e Sarria terán os seus obradoiros de emprego

Tras unha ampliación de crédito, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade concede dous programas individuais, Restauración e arquivo dixital en Monforte de Lemos e Camiño de Santiago III en Sarria, ademais de tres compartidos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destina 2,5 millóns de euros a financiar cinco novos obradoiros duais de emprego na provincia de Lugo tras aprobar unha ampliación do crédito da convocatoria de 2022, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Con este incremento concédense dous programas individuais – Restauración e arquivo dixital en Monforte de Lemos e Camiño de Santiago III en Sarria – e tres compartidos – Vía Künig IV, impulsado polo concello de Becerreá asociado con As Nogais e Baralla; Ponte de Areas VI, que comparte O Páramo con Guntín e O Corgo; así como Eo-Navia III, que promove A Pontenova coa Fonsagrada e Negueira de Muñiz -.

Cada iniciativa percibirá unha axuda autonómica de 503.987 euros e contará con 20 prazas para o alumnado, ademais das destinadas a persoal de dirección, administración e docentes.

“Deste xeito a Xunta aproba todas as solicitudes presentadas na provincia de Lugo”, subliñou Arias, quen lembrou que na primeira fase, resolta no mes de xullo, xa foran concedidos 16 obradoiros cun investimento de 8,2 M€.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...