HomeTerra de LemosMonforteInaugurada unha nova área urbanizada no centro de Monforte

Inaugurada unha nova área urbanizada no centro de Monforte

A inauguración da coñecida como 'Zona C', onde a Gardería municipal e a carón do río Cabe, tivo lugar este martes 15 de novembro pola tarde. O rexedor, José Tomé, despois das declaracións á prensa descubriu un monolito conmemorativo, que da nome á nova zona verde como “Parque da Gardería Municipal”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

“Coa apertura desta nova zona urbanizada da cidade vimos de cambiar a fisionomía de Monforte. Puxemos en valor unha zona que estaba abandonada e que dende o punto de vista da mellora urbana, supón un salto cualitativo moi importante, porque con proxectos coma este, Monforte, sigue avanzando”, comentaba José Tomé na inauguración.

“Puxemos en valor unha zona que estaba abandonada e que dende o punto de vista da mellora urbana, supón un salto cualitativo moi importante…”

O rexedor monfortino lembraba que este proxecto estaba comprometido cando se presentou ás eleccións no pasado mandato, un proxecto que crea espazos urbanizables e de lecer para mellorar tamén a imaxe da cidade nesta zona.

O proxecto contou, segundo fontes municipais, cun orzamento de  918.165,09 euros (IVE engadido). Deste importe, 300.000 euros chegan da Deputación de Lugo, sendo o resto do orzamento total aportado polo Concello de Monforte.

“A urbanización da Zona C é un proxecto pioneiro en Monforte e en moitos outros concellos de Galicia, porque a través del vimos de mellorar urbanisticamente unha zona sensible para a nosa cidade como é a contorna do río, a proximidade do conxunto monumental de Nosa Señora da Antiga, máis coñecida como Escolapios, e o Barrio de Cobas”, subliñou o Alcalde.

A empresa Misturas Obras e Proxectos S.A. foi a encargada de levar a cabo urbanización e dotación de servizos da Zona C, que comprende os terreos ubicados entre a rúa Rof Codina e o barrio de Cobas. A superficie resultante supón 6.323 m2 para rúas novas, 8.982 m2 para espazos libres e axardinados, e 5.785 m2 para solares edificables.

O proxecto incluiu tamén o asfaltado da ampliación da rúa Rof Codina e a mellora da mesma dende a Avenida de Galicia ata a nova zona urbanizada, dándolle saída ao tráfico.

Despois do acto protocolario de inauguración e declaracións á prensa, o alcalde descubriu un monolito conmemorativo que da nome á nova zona verde como Parque da Gardería Municipal. A Zona C quedou dende este momento aberta xa ao público e mañá mércores día 16 de novembro a primeira hora será posible o tráfico de vehículos.

ÚLTIMAS

Xornada cultural dedicada á ‘Bruxa de Torbeo’

Filomena Arias, coñecida como "A Bruxa de Torbeo" é unha figura popular que marcou a...

Unha aula informatizada no Multiusos de Monforte acollerá os exames teóricos do carné de conducir

O alcalde asegura que deste modo dáse resposta a unha demanda das autoescolas locais...

SEA e o Concello de Chantada abordan a ampliación do Polígono despois da venda da última parcela

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, asina na notaría de Chantada dúas...

Aberto o prazo para solicitar bolsas para deportistas individuais de Monforte

O prazo de presentación de solicitudes estenderase durante 10 días hábiles a contar desde...