HomeTerra de LemosMonforteRescatan unha muller en Monforte por caer nunha zona de obras cerca...

Rescatan unha muller en Monforte por caer nunha zona de obras cerca das vías do tren

Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o incidente produciuse ás 14,45 nun punto de difícil acceso nas proximidades do Museo do Ferrocarril.

Publicado o

- Advertisement -

Unha muller foi rescatada polos servizos de emerxencia despois de sufrir unha caída nunha zona de obras a poucos metros da vías do tren no municipio lugués de Monforte de Lemos. Segundo informou o CIAE 112 Galicia, o incidente produciuse ás 14,45 nun punto de difícil acceso nas proximidades do Museo do Ferrocarril.

Os bombeiros desprazados ao lugar tiveron que empregar unha cadeira sanitaria e unha padiola para sacar á muller do lugar no que se atopaba. Unha vez fóra, a muller, que estaba desorientada, foi evacuada en ambulancia a un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...