InicioOpiniónOPINIÓN: Monforte 2023, unha ducia e pico de aniversarios (Parte I)

OPINIÓN: Monforte 2023, unha ducia e pico de aniversarios (Parte I)

2023 é un ano de moitos aniversarios relacionados con acontecementos ou institucións relevantes na vida monfortina. A continuación citamos oito deses aniversarios e facemos pequenos comentarios de cada un deles, comentarios baseados en grande medida en palabras de estudosos de temas locais da cidade do Cabe.

Publicado o

POR
Xosé Martínez Rodríguez
- Advertisement -

Nesta primeira entrega faise mención de oito efemérides importantes para Monforte de Lemos neste ano que corre, o 2023. Na vindeira e derradeira entrega desta achega de divulgación publicaranse sete máis.

En 1503, hai cincocentos vinte anos, e seguindo ao historiador local Germán Vázquez comeza a construción do Convento franciscano de Santo Antonio de Padua. En concreto sinala na súa obra Historia de Monforte y su tierra de Lemos: “En el año 1503, tercero del gobierno en la mitra lucense del obispo don Pedro Ribera, se comenzaba la construcción del Convento de San Antonio de Padua de Monforte para lo cual había concedido la consiguiente bula el Pontífice Alejandro VI a don Rodrigo Enríquez de Castro, su fundador”.

Este importante convento monfortino, que chegou a ter cincuenta monxes, sufriu a desamortización e o posterior e lamentable derrubamento no século XIX cunha importante perda histórica e artística para a cidade. Estudosos locais escribiron páxinas sobre o convento en xeral, o claustro, a igrexa, as capelas desta, os retablos…. Foi lugar de enterramento de membros da Casa de Lemos ata o traslado do panteón desta casa ao Convento de Santa Clara cos VII condes de Lemos. En relación ao convento franciscano de Santo Antonio o investigador local Felipe Aira Pardo publicou o 12-02-2023 no xornal La Voz de Galicia o fermoso artigo “Vestigios del convento de San Antonio, dos siglos después de su destrucción”.

O 5 de marzo de 1523, hai cincocentos anos, naceu o cardeal Rodrigo de Castro, unha das persoas máis destacadas da Casa de Lemos xunto cos VII condes de Lemos Pedro Fernández de Castro e Catalina de la Cerda y Sandoval. Eterna gratitude lle debe Monforte ao prelado pola súa grande fundación na localidade de Monforte de Lemos o Colexio de Nosa Señora da Antiga coñecido tamén como colexio do Cardeal, colexio da Compañía por ter sido ocupado pola Compañía de Xesús dende o inicio do seu funcionamento ata 1767 e colexio dos Escolapios relixiosos cos que está vinculado actualmente o colexio.

Merece o cardeal e o colexio por el fundado moitos actos este ano. Máis adiante falaremos de que en 1593 comezaron as obras do colexio e de que en 1873 chegan a el os Escolapios. Tamén falaremos de que en 1913 deixa Monforte con contra prestación económica que permitiu rematar o centro educativo o grande cadro do pintor Hugo Van der Goes A adoración dos Reis Magos.

A continuación reproducimos un breve apunte biográfico que do cardeal Rodrigo de Castro ofrece o historiador monfortino Germán Vázquez na súa Historia de Monforte y su tierra de Lemos, concretamente no Diccionario de artistas, escritores y políticos de la Tierra de Lemos: “Castro Osorio, Rodrigo de: Nació en Monforte. Obispo de Zamora, después de Salamanca y de Cuenca. Arzobispo de Sevilla y Cardenal. Perteneció al Consejo de Estado. Escritor y gran mecenas. Fundador del Colegio de Monforte, fue un insigne gallego y un monfortino inmemorial”.

Busto do Conde de Lemos en Monforte / XdL

O 1 de abril de 1593, hai catrocentos trinta anos, comezáronse as obras do Colexio do Cardeal. A este respecto sinala o lembrado escolapio Padre Esteban Martínez González (1911-2002) na súa obra Colegio Nuestra Señora de la Antigua de Monforte de Lemos: “Este edificio de traza herreriana fue edificado por varios arquitectos jesuitas, como los hermanos Andrés Ruiz y Juan de Tolosa, y por otros no jesuitas como los hermanos Gonzalo y Gregorio Fatón (…). Las obras se iniciaron el 1-4-1593”.

O 14 de marzo de 1648, hai trescentos setenta e cinco anos, morreu a VII condesa de Lemos Catalina de la Cerda y Sandoval. En relación a este feito indica Germán Vázquez na súa Historia de Monforte y su tierra de Lemos: “Sor Catalina de la Concepción murió en olor de santidad el sábado día 14 de marzo de 1648 a los setenta y siete años y medio de edad”. O mesmo historiador no Diccionario de artistas, escritores y políticos de la Tierra de Lemos incluído neste libro ofrece unha breve nota biográfica sobre a VII condesa de Lemos. Sinala: “Cerda y Sandoval, Catalina de la: esposa del VII conde de Lemos. Ambos fundaron el convento dominico de San Jacinto y el de las franciscanas Descalzas en Monforte. Después de enviudar tomó los hábitos religiosos en este último, con nombre de Sor Catalina de la Concepción, donde fue modelo de humildad, sencillez y bondad.”

Esta celebración lévanos a outra atenta ollada ao enorme legado a Monforte dos VII condes de Lemos no que cabe destacar as pezas da súa colección artística que actualmente se poden ollar no Museo de Arte Sacra das monxas clarisas de Monforte. Por outro lado cabe pensar que, como don Pedro Fernández de Castro, a súa dona, Catalina de la Cerda y Sandoval, amaría non só as artes senón tamén as letras e apoiaría ao seu marido no mecenado que dispensou este a grandes figuras dos séculos de ouro da literatura castelá: Cervantes, Góngora, Lope de Vega, Quevedo, os irmáns Argensola…

En 1873, hai cento cincuenta anos,  chegaron os Escolapios a Monforte para facerse cargo do colexio fundado polo Cardeal Rodrigo de Castro. O padre Esteban Martínez García na súa obra xa citada sinala ao respecto: “Los Escolapios vinieron a Monforte en el año 1873”. Germán Vázquez na súa obra Historia de Monforte y su tierra de Lemos tamén anteriormente citada establece varias etapas no Colexio do Cardeal entre a marcha dos xesuítas en 1787 e a chegada dos Escolapios en 1873: “Seminario Nacional de Monforte, Universidad de Segunda Enseñanza, Real Colegio de Humanidades e Instituto de Segunda Enseñanza”.

O 1 de setembro de setembro de 1883, hai cento corenta anos, pode considerarse como data de chegada do ferrocarril a Monforte coa transcendencia que este medio de locomoción supuxo para a historia da cidade. En relación a esta data sinala Germán Vázquez na súa Historia de Monforte y su tierra de Lemos: “el día 1 de septiembre de 1883, Alfonso XII daba solemnidad a la inauguración de la línea Madrid- La Coruña. Venía con doña María Cristina y en el andén de la estación de Monforte se sirvió el almuerzo banquete de honor de los monarcas, séquito y principales autoridades civiles, miliares y eclesiásticas (…) fue memorable ese 1 de septiembre de 1883 y quedó registrado en los anales monfortinos con gruesos y áureos caracteres”. Neste mesmo ano de 1883 naceu en Monforte o destacado crítico de arte Antonio Méndez Casal falecido en Madrid en 1940. Unha rúa que une o Campo de Santo Antonio co Convento das Clarisas, a ponte Vella e a rúa de Santa Clara leva o seu nome.

Estación de tren Monforte / Podemos O Saviñao

En 1903, hai cento vinte anos, inaugurábase o actual Cemiterio Municipal de Monforte situado na Gándara. No século XVIII comezou o longo proceso que levou á creación de lugares de enterramento fóra das igrexas por motivos sanitarios. O enterramento nas igrexas foi practicado durante moitos séculos, ben en lugares máis privilexiados, ben en lugares máis modestos segundo a posición social da persoa enterrada. Con anterioridade en Monforte temos enterramentos no interior das igrexas da Compañía e de San Vicente. Tamén se atopa o panteón dos Condes de Lemos no Convento de Santa Clara. Nas proximidades de igrexas como a de S. Vicente ou a primitiva da Régoa na praza de España houbo lugares de enterramento ao igual que os houbo vinculados a hospitais como o do Arrabal ou Sancti Spiritus (que foi despois Casa do Concello e actualmente é Centro do Viño) e o de San Lázaro do que queda a capela no barrio de Carude. Houbo outro lugar de enterramento próximo ao Colexio dos Escolapios.

Cemiterio Municipal de Monforte / XdL

En relación á posta en funcionamento do Cemiterio Municipal da Gándara sinala o seguinte o investigador local Felipe Aira Pardo:

“En sesión plenaria municipal de fecha 13 de enero de 1903, se da cuenta a la corporación municipal de: “Se dio cuenta de que con fecha primero del actual se había celebrado el acto de bendición del nuevo cementerio municipal por el Excmo. Ilmo. Sr. Obispo y acordó que desde el 16 de enero de 1903, se proceda a los enterrados en dicho lugar sagrado (…)”

O Cemiterio Municipal de Monforte de Lemos é un lugar relevante para a memoria familiar dos seres queridos e tamén para a memoria das xeracións actuais cara ás xentes do pasado máis coñecidas ou máis anónimas que día a día construíron o que é a nosa historia e o noso patrimonio.

No ano 1903 (hai cento vinte anos), o primeiro en que se practicaron enterramentos no actual Cemiterio Municipal de Monforte, faleceu Matías Yáñez Rivadeneira ligado intimamente a un lugar destacado no conxunto do patrimonio artístico monfortino: o Pazo Muíños de Antero. De Matías Yáñez Rivadeneira sinala o seguinte Germán Vázquez na súa Historia de Monforte y su tierra de Lemos: “Diputado en varias legislaturas, fue el progenitor del gran poeta vallisoletano Núñez de Arce, cuyo cambio de apellido se explica por un error en la partida de bautismo, equivocación observada mucho tiempo después”. Tamén estivo vinculado ao pazo o estudoso de temas locais e escritor Manuel Yáñez González falecido en 1905. A lembranza de Matías Yáñez Rivadeneira fai que dirixamos a nosa atención ao Pazo Muíños de Antero no que destaca unha singular arquitectura, cadros e pintura mural ou curiosos sistemas de vixilancia en relación á actividade que se desenvolveu nel de recadación de impostos.

ÚLTIMAS

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...