InicioTerra de LemosMonforteTres estudantes de Monforte, terceiros na final do Young Business Talents

Tres estudantes de Monforte, terceiros na final do Young Business Talents

Os participantes tiveron que demostrar o seu talento empresarial e as súas habilidades directivas ao ter que dirixir a súa propia empresa virtual co uso dun avanzado simulador de xestión empresarial.

Publicado o

- Advertisement -

Os galegos Germán Álvarez, Lois Sánchez e Pablo Ureña, estudantes de 1º de Bacharelato do IES Río Cabe de Monforte de Lemos conseguiron alzarse co terceiro posto como mellores empresarios virtuais de España tras enfrontarse aos máis de 300 aspirantes de todo o país que se deron cita en Madrid para participar na duodécima final nacional de Young Business Talents.

Os estudantes lugueses conseguiron ser un dos mellores equipos na final da competición educativa de simulación empresarial organizada por ABANCA, ESIC, Herbalife e Praxe MMT, quebusca novos talentos nos negocios.

O concurso foi gañado polos castellonencos Amadeo López, Iago Saes, Lluc Climent e Sebastián Herrera, estudantes de 1º de Bacharelato do IES Maestrat, en San Mateu (Castelló), mentres que o segundo foi para estudantes de 2º de Bacharelato do IES Príncipe de Asturias, en Lorca (Murcia).

En cuarto lugar clasificouse outro equipo de catro alumnos de 2º Bacharelato do IES Príncipe de Asturias, en Lorca (Murcia); e o quinto posto correspondeu a catro novos de 2º de Bacharelato do Colexio Alminar, en Dos Hermanas (Sevilla).

Ao longo da xornada, os participantes tiveron que demostrar o seu talento empresarial e as súas habilidades directivas ao ter que dirixir a súa propia empresa virtual co uso dun avanzado simulador de xestión empresarial.

Os vencedores alzáronse co título ao conseguir situar a súa compañía de alimentación cos máximos beneficios fronte ao resto de participantes e repartíronse máis de 11.000 euros en premios, entre estudantes e docentes, así como diplomas acreditativos que lles servirán para o seu currículo e futuro académico.

A XII final nacional de ‘Young Business Talents’ reuniu a un total de 346 mozos procedentes de 79 centros docentes de toda España –estudantes de 4º da ESO, Bacharelato ou de ciclos formativos de grao medio ou superior–, que se converteron en auténticos directivos e tiveron que analizar e tomar decisións en tempo real, sobre diferentes situacións relativas ao ámbito empresarial. Para iso, tiveron que definir a súa estratexia empresarial tendo en conta á competencia, demostrar aptitudes de liderado, traballo en equipo, boa comunicación entre eles e unha gran capacidade de organización.

“Durante a final puidemos coñecer aos futuros empresarios que liderarán as compañías do noso país. Os participantes tiveron a oportunidade de experimentar en primeira persoa como se vive o día a día dentro dunha empresa e demostraron ter unha gran visión e habilidades para os negocios ao levar a cabo brillantes estratexias empresariais con moi bos resultados, que poderían ser exemplo para moitas empresas reais do noso país. Con este programa educativo logramos que os mozo se beneficien de novas ferramentas de aprendizaxe que lles permiten pór en práctica a teoría aprendida en clase dunha maneira lúdica, á vez que lles axuda na orientación para o seu futuro académico e laboral”, explicou Mario Martínez, director do programa educativo Young Business Talents.

Con esta final nacional ponse o broche de ouro a un completo programa educativo que deu comezo o pasado mes de novembro e que contou coa participación dun total de 10.634 estudantes de 389 centros docentes de toda España. Todos os mozos competiron de maneira virtual desde as aulas e coa axuda dos seus profesores, superando diferentes fases en liña para conseguir unha praza na final.

Para que puidesen participar, cedéuselles de maneira gratuíta aos centros docentes un sofisticado simulador empresarial, desenvolvido por Praxe MMT, cun valor de máis de 3.000 euros cada un. Con este programa formativo de simulación empresarial dáse a oportunidade de enriquecer a actividade didáctica nas aulas mediante a práctica e que os mozos adquiran experiencia dunha forma lúdica e motivadora.

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...