HomesociedadeTanxugueiras, Luz Casal e Orquestra Panorama, pratos fortes das Festas Patronais monfortinas

Tanxugueiras, Luz Casal e Orquestra Panorama, pratos fortes das Festas Patronais monfortinas

O Concello de Monforte, como é costume dende hai uns anos, fixo un avance do programa de festas dando a coñecer os concertos gratuítos que se fan na explanada da Compañía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde do Concello de Monforte, José Tomé, vén de ofrecer unha rolda de prensa para anunciar os concertos das Festas Patronais que empezarán o día 11 e rematarán o día 16 de agosto. Serán 6 concertos principais acompañados de orquestras que farán un previo e o peche das actuacións.

Lucía Pérez, Mikel Erentxun, Antonio José, Luz Casal, Tanxugueiras, Tekila, Gin Toni’s, América de Vigo e os grupos monfortinos Malenne e Deloreans son as actuacións contratadas para as festas de verán deste ano 2023.

Malenne. Foto: Emilio Romanos.

As orquestras Panorama, Galilea e Ritmo Joven,  completarán o cartel de actuacións musicais.

“Os concertos programados responden ao formato de Festas que se veñen facendo nos últimos anos, centradas en buscar variedade artística para dar satisfacción a públicos moi diferentes”, comentou Tomé Roca.

O custe do conxunto das devanditas actuacións musicais, tanto de concertos como de orquestras, ascende a 317.625 €.

As actuacións ao detalle con datas e horarios poden consultarse na páxina web do Concello de Monforte.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...