HomePolíticaA rebaixa do IBI unha reiterada petición do PP

A rebaixa do IBI unha reiterada petición do PP

O grupo municipal popular pidelle o goberno local que aplique bonificacións ,entre outras cousas, para instalar enerxías renovables e derribar barreiras arquitectonicas

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Municipal Popular de Monforte lamenta que o goberno local se negue a aplicar bonificacións que poderían contribuír a estimular á rehabilitación de vivendas, á eliminación de barreiras arquitectónicas, á repoboación forestal ou a instalar enerxías renovables.

Os populares propoñen bonificacións do 90% no IBI sobre inmobles vinculados a explotacións agrarias ou do 50% para aqueles nos que se teñan instalado sistema de aproveitamento térmico ou eléctrico de enerxía solar.  Tamén do 50%, no caso do I.I.V.T.N.U., para as transmisións de terreos sobre os que se desenvolvan actividades económicas declaradas de especial interese ou utilidade municipal e do 90% sobre a cota do ICIO polas obras de rehabilitación realizadas dentro da actual delimitación de Conxunto Histórico Artístico de Monforte de Lemos e tamén das demais obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal.

Estas son algunhas das propostas que recolle a emenda dos populares en relación á proposta do Goberno local para a modificación das diferentes ordenanzas fiscais para o 2019.

 

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...