HomesociedadeLiberdade para un dos detidos por agresión sexual en Monforte, que non...

Liberdade para un dos detidos por agresión sexual en Monforte, que non poderá achegarse á vítima

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Monforte de Lemos decretou a liberdade, aínda que coa obrigación de non achegarse nin comunicarse coa vítima, para un dos dous detidos (o maior de idade, con 18 anos) por agresión sexual nas festas patronais do municipio.

Publicado o

- Advertisement -

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Monforte de Lemos decretou a liberdade, aínda que coa obrigación de non achegarse nin comunicarse coa vítima, para un dos dous detidos (o maior de idade, con 18 anos) por agresión sexual nas festas patronais do municipio.

Segundo informan fontes xudiciais, a maxistrada do citado xulgado, que é o competente para os casos de violencia sobre a muller, tomou declaración tanto á vítima como ao detido, ao que se lle investiga por un delito de agresión sexual.

A xuíza acordou a posta en liberdade do mozo coa obrigación de comparecer semanalmente ante o xulgado, retiroulle o pasaporte e impúxolle a prohibición de saír do territorio nacional e de achegarse ou comunicarse coa agredida.

Trátase dun dos dous apresados (o outro, é un menor de 17 anos) polas violacións doutras dúas mozas ocorridas na madrugada do martes nas inmediacións da escola infantil municipal. O Concello de Monforte xa anunciou que prevé personarse como acusación no caso.

ÚLTIMAS

Como limpar os montes e evitar lumes ao carón das casas?

A Xunta ofrece plantas específicas nestas franxas secundarias para evitar incendios. Os propietarios teñen...

Cantos de Taberna no Saviñao

O Concello do Saviñao organiza unha nova edición de Cantos de Taberna para ambientar...

Aberta a inscrición nas XXIII Xornadas Pedagóxicas que organiza a Rede Museística en Tor e San Paio de Narla

A deputada de Cultura, Iria Castro, e a xerente da Rede Museística Provincial de...