HomeTerra de LemosMonforteMellora das rúas Ramón Cabanillas e Castro Dactonio en Monforte

Mellora das rúas Ramón Cabanillas e Castro Dactonio en Monforte

Ábrese do prazo de licitación destes 2 proxectos logo de que fora aprobada a súa tramitación na Xunta de Goberno celebrada o 16 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte continúa mellorando infraestruturas urbanas e rurais, nesta ocasión a licitación anunciada de obras beneficiará ás rúas Castro Dactonio e Ramón Cabanillas.

No caso de Castro Dactonio, ademais de realizar obras na propia rúa, tamén se levará a cabo a mellora de tres travesías que conectan con ela, actuacións incluídas no proxecto integral de mellora de dita rúa. En total, serán actuacións en 1.325 m. destas catro vías, cun orzamento de 71.210,83€.

Na rúa Ramón Cabanillas, as obras que se proxectan consistirán na mellora do seu firme ó longo de 690 m. lineais, destinando o Equipo de Goberno para esta actuación unha inversión de 70.187,54€.

Estes proxectos constitúen, tal e como explicou o Alcalde “a continuidade do Programa de actuacións que o Equipo de Goberno desenvolve, co obxectivo de dotar con mellores servizos e mellores infraestruturas ó municipio, neste caso con actuacións en dos vías urbanas e tres travesías, para o que destinamos un orzamento total de 141.398,37€ ive engadido.

PROCESO DE LICITACIÓN

As empresas interesadas poden presentar ofertas ata o 23 de novembro ás 14 h. As mesas de contratación terán lugar o 27 de novembro (sobres 1 e 2) e o 11 de decembro (oferta económica). Os criterios de valoración das ofertas serán memoria o 40%, o prezo o 40% e a ampliación do prazo de garantía, o 20%.

ÚLTIMAS

Entrégase unha vivenda de promoción pública en Chantada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á...

Medio Rural destina 4M€ a pasteiros

Durante o seu percorrido pola zona, no que estivo acompañada polo director xeral de...

O Xeoparque Montañas do Courel terá un espazo en FITUR 2025

A Rede Española de Xeoparques Mundiais (REXM), na que están integrados os dous Xeoparques...

Detidos dous homes como supostos autores de ‘ciberestafas’ denunciadas en Lugo e Monforte

Segundo informaron fontes policiais, unha das estafas foi denunciada en Lugo, e a vítima...