HomeDeportesQuixós comeza o ano cunha chea de medallas

Quixós comeza o ano cunha chea de medallas

A pasada fin de semana o club competía en Mondariz, onde se celebraba a 1ª Copa Galega de Slalom Olímpico, e a 1ª Copa Galega de Novas Promesas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Mondariz Balneario foi o destino do Club Quixós a pasada fin de semana, 13 e 14 de xaneiro, para competir nas copas galegas de Slalom olímpico e de Novas promesas.

Os resultados para o club monfortino foron espectaculares, acadando 13 medallas individuais e dúas por equipos nas dúas competicións.

Na 1ª Copa Galega Slalom Olímpico, e na categoría junior: Sara foi ouro en C-1 e prata en K-1, Noa levou o ouro en K-1, Efrén prata en K-1, e Ximena bronce en C-1 e en K-1. No que respecta á categoría de veteranos: Carlos acadou medalla de prata e Santi foi bronce.

Na 1ª Copa Galega Nocas Promesas 5 foron as medallas conqueridas polos padeeiros do Quixós. En categoría cadete: Sara acadou dúas medallas, unha de ouro en K-1 e outra de prata en C-1, mentres que Diego foi segundo en K-1. En infantil: África levou un bronce en K-1 e Edgar un bronce en K-1

Cos resultados devanditos, o Quixós adxudicouse o subcampionato galego (medallas de prata) nas dúas competicións de Mondariz Balneario.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...