HomeMedio ambiente e PatrimonioO vertedoiro de residuos inertes situados na antiga cerámica do Castelo selarase...

O vertedoiro de residuos inertes situados na antiga cerámica do Castelo selarase no 2019

No vertedoiro fóronse depositando residuos do derrubamento de casas e materiais sobrantes de novas edificacións. Non esta operativo desde o ano 2010

Publicado o

- Advertisement -

O proxecto para selar o vertedoiro de residuos inertes da construción, situado na antiga cerámica do Castelo, xa está aprobado. Neste lugar se fóronse depositando durante anos os restos do derrubamento de casas ou os materiais sobrante das novas edificacións.

Esta actuación, que se acometerá durante o primeiro trimestre de 2019, vai permitir levar a cabo a restauración ambiental da zona.

Este vertedoiro de inertes deixou de estar operativo en 2010, cando se completou a súa capacidade de almacenamento, pero non se procedeu ó seu selado ata agora. Ademais do selado superficial, o proxecto engloba outras actuacións adicionais coa finalidade de evitar ou diminuír os posibles danos ó medio ambiente e á contorna do vertedoiro. Tamén se establece un Plan de Control e Vixiancia da clausura e selado do vertedoiro durante 30 anos.

Os detalles do proxecto xa poden consultarse dende hoxe a través da páxina web do Concello de Monforte, no Perfil do Contratante.

A licitación estará aberta ata o vindeiro 4 de decembro e a Mesa de Contratación reunirase uns días despois, o 10 de decembro, ás 9 da mañá.

O importe de licitación desta obra ascende a 239.000 euros.

ÚLTIMAS

Fin de semana de Magosto, micoloxía e teatro en Pantón

Este sábado, 8 de novembro, o Concello de Pantón celebra no Pavillón Municipal un...

XXXVI Festa da Castaña do Courel

En tempo de magostos, a Festa da Castaña do Courel é xa un referente...

Ata o 21 de novembro pódense solicitar axudas á creación de empresas en Monforte

As solicitudes poderán presentarse ata oi 21 de novembro, mediante modelo normalizado, no Rexistro...

“Pura”, curta gañadora dos últimos Mestre Mateo, proxéctase este 7 de novembro en Quiroga

A curta, dirixida por Carmen Méndez, narra a historia dunha muller que volve á...