HomeTerra de LemosMonforteInvestigan a un condutor ebrio e sen carné que tivo un accidente...

Investigan a un condutor ebrio e sen carné que tivo un accidente na LU-933

Foi na estrada LU-933, entre Monforte e A Rúa, aínda que non resultou ferido.

Publicado o

- Advertisement -

A Garda Civil de Lugo investiga ao condutor dun vehículo ebrio e sen carné que sufriu un aparatoso accidente de tráfico na estrada LU-933, entre Monforte e A Rúa, aínda que non resultou ferido.

O sinistro consistiu nunha saída de vía e posterior envorco pola marxe dereita da vía, explica a Garda Civil. Tras o suceso, o condutor foi sometido á proba de alcoholemia e deu un resultado positivo, triplicando o máximo permitido. Ademais, verificouse que carecía de permiso de conducir, que lle foi retirado.

Por iso, procedeuse á súa investigación como suposto autor de senllos delitos contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...