HomesociedadeO Colexio Torre de Lemos homenaxea ás mulleres científicas

O Colexio Torre de Lemos homenaxea ás mulleres científicas

Aproveitando o Día da Muller na Ciencia celebraron un acto na Praza de España de Monforte para lembrarse delas.

Publicado o

- Advertisement -

Dende o colexio monfortino Torre de Lemos quixeron ter un acto para lembrar ás mulleres científicas, considerando que estas tiveron un papel moi importante na historia da loita pola liberdade e a igualdade de dereitos. Foi este mércores 6 de marzo ás 11:00 h. na Praza España.

Alumnado do Colexio Torre de Lemos na Praza España. Foto: Luís D.

O alumnado presentou un panel coas mulleres máis relevantes no ámbito da ciencia, deron lectura ás biografías das mesmas, previo traballo de investigación realizado no centro, e tamén facilitaron datos referentes ao número de mulleres que se dedican ao eido científico.

A maiores, enmarcado nesta homenaxe ás científicas, o alumnado elaborou un programa de radio que se emitirá a través da radio do colexio.

ÚLTIMAS

O IV Premio da Muller Caldelá foi para Pepita Carballo

Castro Caldelas celebrou o pasado venres 6 de marzo o Día da Muller reivindicando...

O Quixós, 1º por equipos nunha Copa de Promoción de Slalom disputada en Tomiño

O Club de Piragüismo Quixós segue colleitando éxitos. Nesta ocasión fíxoo da man das...

A 4ª etapa de La Vuelta Femenina sairá o 6 de maio de Monforte

A presentación oficial do percorrido de La Vuelta Femenina by Carrefour.es terá lugar este...