Homesociedade286.000€ para a mellora do Aeródromo das Lamas en Monforte

286.000€ para a mellora do Aeródromo das Lamas en Monforte

A actuación proxectada consistirá na mellora sustancial da Pista de Voo de “As Lamas” e tamén da pista que bordea o Campo de Voo dende as pistas de exame de conducir ata os hangares e a pista que da acceso ó Campo de Tiro e á pista do canal. Contarán cun investimento de 286.108,42€), financiados con fondos municipais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asfaltarase o firme da pista de voo a través de aglomerado en quente e procederase ao pintado das marcas viarias da devandita pista, en cor branca ou amarela segundo as instrucións ditaminadas da normativa aérea para este tipo de pistas.

As obras de mellora na vía de acceso consistirán na pavimentación con rego asfáltico do seu firme nunha lonxitude total de 1,54 km., sobre un ancho medio de 4 metros, polo que a superficie total de actuación será de 5.793 m2.

O Aeródromo municipal de “As Lamas”, conta con autorización dende 2012 do Ministerio de Transportes (antes Fomento) como campo de voo para ultralixeiros e avionetas, e está sendo moi utilizado por aeronaves ó longo de todo o ano, especialmente dende o inicio da primavera ata o outono.

Fai aproximadamente 35 anos, este espazo naceu como campo de aeromodelismo. Fai 22 anos, construíuse a pista de ultralixeiros, e no ano 2012 obtivo a súa autorización como campo de voo.

No ano 2015, converteuse no actual Aeródromo das Lamas, inaugurado como tal con motivo da Volta Ibérica. Está cedido polo Concello ó Club Aerolemos para a súa xestión. De media, ven rexistrando entre 300 e 500 operacións ó ano de  avionetas de diferentes tamaños, sobre todo durante as pontes e fins de semana, pero tamén durante a semana, xa que está aberto ó tráfico de forma permanente, sendo un lugar de parada para tránsitos chegados dende outros lugares de Galicia como Mazaricos, Santa Comba, Lugo ou Ribadeo, e tamén de lugares como Asturias, Castela e León e todo o noroeste da Península en xeral, e tamén doutros países como Portugal e Francia, principalmente.

O aeródromo, que ademais da pista autorizada conta con dous hangares, serve de base a empresas de todo tipo que empregan avións e fundamentalmente helicópteros para os seus traballos, como por exemplo empresas de servizos que fan revisións de liñas eléctricas de alta tensión. Tamén serve de base de empresas que se dedican a facer reportaxes de fotos ou vídeos aéreos. E empresas que operan con drons, cuxo uso multiplicouse nos últimos anos.

“Este Aeródromo” destacou José Tomé, “conta actualmente cun intenso e crecente tráfico aéreo. Nel aterran e despegan clubs aéreos de toda España e tamén de Portugal ou Francia, co que elo supón de impacto positivo para o noso turismo e para dar a coñecer a nosa cidade e comarca”.

Tamén salientou o rexedor monfortino a positiva valoración que fan os pilotos que utilizan este Aeródromo. E engadiu que “con esta obra, faremos que poidan aterrar ou despegar todo o ano, aínda en época de choivas, cousa que agora non poden cando encharca, e esta mellora vai permitir que nos visiten aínda máis aeronaves durante todo o ano en boas condicións de aterraxe e de despegue”.

ÚLTIMAS

Taboada vibrará este sábado cos Cantos de Taberna: 17 grupos, concerto e Foliada final

Taboada celebra este sábado 25 de outubro a súa V edición dos Cantos de...

O PSOE de Sarria lidera a resposta social contra a subida de impostos

O voceiro socialista, Benjamín Escontrela, advertiu que “o alcalde gastou sen control, ignorou todas...

O BNG Lugo Sur esixe a reposición inmediata do tren das 23:00h Ourense-Monforte-Lugo

Este servizo fora eliminado no pasado e, tras a mobilización social e política, conseguira...

Festa de outono do comercio asociado de Chantada

O Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra de Chantada organiza unha festa infantil para celebrar...