HomePolíticaProrrogados os orzamentos do concello de Monforte para o 2019

Prorrogados os orzamentos do concello de Monforte para o 2019

Ao non conseguir aprobarse os orzamentos, as asociacións monfortinas terán que esperar un ano para poder recibir subvencións.

Publicado o

- Advertisement -

O 19 de novembro o concello de Monforte presentou os orzamentos para o 2019, que ascende a case 13 millóns de euros, un 1,75% máis que o anterior.

Nos orzamentos do 2019 incrementábase o importe destinado ao gasto social un 11,5% máis, dedicábase unha partida para as Festas Patronais, outra para as área de cultura e de deporte.

Despois do último pleno celebrado na tarde de onte, 26 de novembro, os orzamentos do 2019 serán prorrogados, xa que o equipo de goberno non conseguiu o apoio do resto dos partidos, para poder aprobar os orzamento. Espera Monforte, PP e os non adscritos, votaron en contra, sumando entre todos 11 votos fronte aos 6 do partido socialista. As concelleiras dos diferentes partidos consideraban os orzamentos “pobres” ou “non desexables”. O edil do partido nacionalista presentou unha emenda na que condicionaba o seu voto favorable aos orzamentos. Pedía unha remodelación do tramo inicial de Doutor Casares e a posta en marcha de percorridos culturais adicados a personaxes de relevancia en Monforte. O representante do BNG, abstívose na votación.

Esta prorroga traerá como consecuencia que as asociacións teñan que esperar un ano para poder recibir as axudas do concello.

O alcalde salienta que se o seu partido gaña as próximas eleccións de maio, unha das primeiras medidas que levará a pleno será unha proposta de orzamentos que permita desbloquear as subvencións.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...