HomeTerra de LemosMonforteFestas Patronais de Monforte: un referente xa a nivel de Galicia

Festas Patronais de Monforte: un referente xa a nivel de Galicia

Alcalde, Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura veñen de presentar o programa de actividades para este verán, con especial atención ás festas que se desenvolverán do 11 ao 16 de agosto. En palabras de José Tomé, referíndose á transcendencia do programa musical deste ano, “hoxe xa se fala das Festas de Monforte como un referente non só no sur da provincia, senón tamén en outras moitas zonas de Galicia, e de todo o Noroeste peninsular".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron a coñecer este sábado 27 de agosto o programa completo das Festas Patronais 2024, que se van celebrar do 11 ao 16 de agosto na cidade do Cabe.  

Como en ocasións anteriores, o rexedor monfortino quixo salientar a importancia de ter un programa de festas variado e moi atractivo pola súa calidade para encher Monforte e ser un referente non só no sur de Lugo senon incluso a nivel de Galicia. “Estamos convencidos de que os concertos programados van ser capaces de encher o recinto das Festas, debido á calidade das actuacións e tamén debido ao variado dos estilos musicais”, dixo.

O inicio das Festas terá lugar o 11 de agosto coa lectura do Pregón, a cargo da enxeñeira de Camiños, Canais e Portos Isabel Pardo de Vera Posada. Tras o lanzamento do foguete e o encendido da iluminación artística, como é habitual, haberá unha actuación musical, na praza de España, a cargo da monfortina Rosa Cedrón, acompañada pola pianista Juanjo Fernández e polo violinista Javier Cedrón.

PROGRAMA MUSICAL DAS FESTAS PATRONAIS

No que respecta ao programa deste ano, aquí quedan detalladas as actuacións máis salientables, entendidas como máis relevantes, día por día de comezo a fin dos días 11 ao 16 de agosto.

DOMINGO 11

20:30 h.- Pregón, a cargo de Isabel Pardo de Vera Posada, na Casa do Concello, logo da intervención institucional do Alcalde, José Tomé Roca.

22:30 h.- ROSA CEDRÓN, na Praza de España .

LUNS 12

22.30 h- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía

23:00 h.- Orquestra do Conservatorio Municipal Mestre Ibañez, na praza de España

00:00 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía

02:00 h.- Grupo América de Vigo, na praza da Compañía

03:30 h.- Orquestra PANORAMA, na praza da Compañía

MARTES 13

23:00 h.- Os Parentes, na praza de España

23:00 h.- Orquestra Costa Dorada, na praza da Compañía

00:00 h.- ROZALÉN, na praza da Compañía

01:30 h.- Orquestra Costa Dorada, na praza da Compañía

MÉRCORES 14

21:30 h.- Baile-Concerto da Banda d Acordeóns O Folión, na Praza de España

22:30 h.- Grupo monfortino Cool Flanders, na praza da Compañía

00:00 h.- ÁLEX UBAGO, na praza da Compañía

01:30 h.- Grupo monfortino Malenne, na praza da Compañía

XOVES 15

20:30 h.- Mostra de danza e música tradicional, na praza de España

23:00 h.- Orquestra Acordes, na praza da Compañía

00:00 h.- Fogos Artificiais dende San Vicente

00:30 h.- ÁLVARO DE LUNA, na praza da Compañía

02:00 h.- Orquestra Acordes, na praza da Compañía

MÉRCORES 16

23:00 h.- Orquestra Miramar,na praza da Compañía

00:00 h.- Fogos Artificiais de Auga dende o río Cabe

00:30 h.- LA LA LOVE YOU, na praza da Compañía

02:00 h.- Orquestra Miramar, na praza da Compañía

Ademais das anteriores, lembrar que amenizarán as tardes e noites dos días 12 ao 16 de agosto, as seguintes propostas musicais: o grupo de batucada Os Xograres de Lemos, a Orquestra de Música do Conservatorio do Concello de Monforte, o grupo de batucada Creativa, o grupo Os Parentes, a Asociación Amigos da Pandeireta de Monforte, a Banda de acordeóns O Folión, o grupo de batucada Baturruca, e o grupo Gaitucada Aikirindo.

OUTROS EVENTOS DO PROGRAMA DAS FESTAS

O xoves 15, Día da Patroa, a Virxe de Montserrat, terá lugar na igrexa de San Vicente recuperando así a tradición de celebrala neste tempo, unha vez rematadas as actuacións de mellora que se fixeron na mesma. A comitiva institucional encabezada polo Alcalde sairá do Campo de San Antonio ás 10:30 h. e a misa celebrarase ás 11 horas.

Tamén ese xoves 15 de agosto terá lugar o Día do Gaiteiro, no que alboradas de grupos de gaitas sairán pola mañá e percorrerán diferentes rúas da cidade. Pola tarde, na Praza de España terá lugar a Mostra de Danza e Música Tradicional na praza de España. En ambos casos, a maioría de grupos de gaitas e de danza son de Monforte.

Pola noite, antes dos Fogos de San Vicente e as actuacións musicais, as Barcas tradicionais engalanadas farán un percorrido polo río Cabe, a partir das 23:30 h.

O Programa das Festas tamén inclúe a décima edición do Festival Cómico Festivo “A Rúa é Vosa”, os días 12, 13, 14 e 16 de agosto, e terá como escenarios a Praza de España e a rúa Cardeal. O programa deste festival contará coa participación de 6 grupos, e os protagonistas serán a música, a maxia, as acrobacias aéreas, os paiasos, os monicreques, o mimo, o circo e a danza.

ÚLTIMAS

XII Máster de Futbolín de Sarria do 31 de outubro ao 2 de novembro

A Xunta de Galicia e a Vicepresidencia da Deputación apoian a 12ª edición do...

A conselleira de Economía destaca en Vinigalicia a aposta da Xunta polo crecemento e internacionalización das empresas galegas

Durante a visita a conselleira puxo de relevo “o valor que teñen para a...

Samaín Familiar en Pantón este 31 de outubro e o 9 de novembro Magosto Popular

En outubro tamén deron comezo dous obradoiros que se desevolven na Casa da Cultura...

OPINIÓN.-“Os Taboada de Quiroga: unha familia marcada pola guerra incívica”

Nesta vida un nunca para de recibir sorpresas. Vivín a nenez, a adolescencia e...