HomePolíticaEsperta Monforte tamén amosa a súa preocupación polos peixes mortos no Cabe

Esperta Monforte tamén amosa a súa preocupación polos peixes mortos no Cabe

Como xa fixera o BNG, Espertamonforte amosa a súa preocupación pola aparición de ducias de peixes mortos no río Cabe e solicita actuacións urxentes

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte considera un feito alarmante a aparición de peixes mortos no Cabe, “Ante esta grave situación, solicitamos ás autoridades competentes que realicen urxentemente as investigacións necesarias para esclarecer a causa e orixe desta catástrofe ambiental. Consideramos imprescindible determinar se se trata dunha vertedura contaminante, dunha variación anormal da calidade da auga ou de calquera outra causa que estea afectando negativamente ao noso ecosistema fluvial”.

Instan ao Concello de Monforte de Lemos a que comunique con claridade e transparencia á poboación a situación sanitaria actual da auga do río Cabe. “É fundamental que os nosos veciños estean informados sobre os posibles riscos para a saúde pública e as medidas preventivas que deben tomar mentres se solucione este problema”, aseguran.

En Espertamonforte reiteran o seu compromiso coa defensa do medio ambiente e coa saúde da veciñanza. “Agardamos e desexamos que se adopten as medidas necesarias para evitar futuras incidencias e se tomen as actuacións pertinentes para a recuperación do noso río. Instamos a todos os monfortinos a estar atentos ás informacións oficiais e a colaborar coas autoridades facilitando calquera información que poida ser útil”, conclúen.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...