HomeDeportesRemata o 'consolidado' Campus de Fútbol Cidade de Monforte-RC Celta de Vigo

Remata o ‘consolidado’ Campus de Fútbol Cidade de Monforte-RC Celta de Vigo

Esta mañá completábase unha semana de adestramentos con éxito total de inscritos/as. Foron un total de 100 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado pola Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Deportes, José Manuel Mougán, clausaban esta venres 2 de agosto a 18ª edición do Campus de Fútbol Cidade de Monforte-R.C. Celta de Vigo no campo Luis Bodegas, clausura na que que fixeron entrega de diplomas e agasallos a todos/as os/as participantes.

No acto tamén participou o responsable do Campus de verán da Fundación Celta, Manu Gómez, quen en nome do Club, entregou ao Alcalde un libro conmemorativo do Centenario do Celta.

Este exitoso Campus, xa consolidado dentro do calendario de actividades deportivas de verán que organiza anualmente o Concello de Monforte, deu comezo o pasado 29 de xullo e contou coa participación dun total de 100 nenos e nenas, con idades comprendidas entre os 7 e os 14 anos, cubrindo así todas as prazas ofertadas.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia”

QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do...

“As desterradas”, obra dirixida por Quico Cadaval, hoxe en Monforte

A función, organizada polo Concello de Monforte a través do circuíto da Rede Galega...

Como reacciona a oposición de Monforte á dimisión da concelleira de Igualdade, Margarita López?

A voceira popular en Monforte, Katy Varela, lembra que reclamaron desde o comezo a...

Recepción en Monforte ao novo Tenente Xefe do Destacamento de Tráfico

O rexedor, que estivo acompañado pola tenente alcalde, Gloria Prada, deulle á benvida á...