HomeTerra de LemosMonforteOito infraccións por consumo de alcol por menores nas festas de Monforte

Oito infraccións por consumo de alcol por menores nas festas de Monforte

A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de lecer frecuentadas por menores de idade

Publicado o

- Advertisement -

Axentes da xefatura provincial da Policía Autonómica en Lugo, en colaboración coa Policía Nacional, levaron a cabo un dispositivo conxunto de prevención de consumo de alcol por menores de idade o pasado 12 de agosto, no marco das festas de Monforte de Lemos. Como resultado das inspeccións identificáronse 56 persoas e levantáronse oito actas de infracción. Ademais, interviñéronse diversas sustancias estupefacientes.

En concreto, seis do oito actas foron por consumo de alcol por parte de menores e unha a un establecemento pola venda de alcol a menores con infraccións. Ademais, rexistrouse outra acta de infracción por tenencia de sustancias estupefacientes na vía pública.

O dispositivo enmárcase nas actuacións para velar polo cumprimento da Lei 11/2010, de 17 de decembro, de prevención do consumo de bebidas alcohólicas en menores de idade, co obxectivo de previr a venda e a subministración a menores de idade, tanto en locais de lecer como bares, pubs ou discotecas como en supermercados e tendas 24 horas que sexan establecementos expendedores de alcol e tabaco. Tamén se efectúan intervencións preventivas nas concentracións da mocidade nas vías públicas, para controlar e evitar o consumo ilícito.

A actividade dos axentes céntrase sobre todo en tarefas de inspección a locais e control e vixilancia das zonas de lecer frecuentadas por menores de idade.

ÚLTIMAS

Presentación literaria de Rochi Nóvoa na Librería Papelotes de Monforte

A Librería Papelotes de Monforte de Lemos acolle unha actividade na que se dará...

Xanela ofrecerá servizos máis competitivos ao converterse en Operador Móbil Virtual

A empresa de telecomunicacións Xanela xa é Operador Móbil Virtual (OMV) despois de asinar...

O Punto Limpo de Chantada aposta pola reutilización

Cun investimento de case 50.000€ dos que o concello aporta o 10%, adquiríronse novos...

Do 28 ao 5 de decembro, XVI Concurso de Tapas de Guimaralia

Participarán no concurso cinco locais: Avenida, A Vella Taberna, Primeiro de Maio e O...