HomeDeportesFin de semana glorioso para o Club Quixós de Monforte

Fin de semana glorioso para o Club Quixós de Monforte

Acadaron o terceiro posto por equipos o sábado 21 no Campionato Galego de Slalom Olímpico, e foron subcampións o domingo 22 no Campionato Galego de Caiac Cross.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Club Quixós de Piragüismo segue colleitando medallas, e xa na recta final da tempada os éxitos deportivos chegáronlle esta pasada fin de semana en Dumbria.

Nesa localidade celebrábase, o sábado 21, o Campionato Galego de Slalom Olímpico, e o domingo 22 o Campionato Galego de Caiac Cross. Os deportistas desprazados do club monfortino dérono todo e acadaron unha boa presa de medallas, concretamente 7 individuais na primeira competición, e tres máis na segunda referida. Como balance, o Club Quixós quedou terceiro en Slalom Olímpico e subcampión no Caiac Cross.

MEDALLAS POR DEPORTISTAS

Na categoría junior feminino, Noa Díaz foi medalla de ouro en C-1 e prata K-1; Sara Inés acadou un ouro en K-1 unha prata en C-1.

En veteráns, Carlos Serafín trouxo para Monforte a medalla de prata en K-1 e Santi Díaz (director deportivo) un bronce. Na modalidade masculina junior, Efrén González foi terceiro en K-1 junior.

No que respecta ao Caiac Cross, Noa Díaz e Efrén González foron ouro, e Sara Inés prata.

Foto da expedición do Quixós en Dumbría. Foto: C.Q.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...