HomeCulturaTeatro para público infantil este 13 de setembro no Multiusos de Monforte

Teatro para público infantil este 13 de setembro no Multiusos de Monforte

A partir das 18:00h. representarase Kyoki, da compañía Elefante Elegante, obra composta por María Torres e Gonçalo Guerreiro, dirixida por Gonçalo Guerreiro e coa interpretación de María Torres e Mario Rodríguez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo trimestre deste ano 2024, cunha nova actuación este domingo, 13 de outubro, no Edificio Multiusos a partir das 18:00 horas.

Kyoki, obra para maiores de 3 anos e público familiar, evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro todas as persoas podemos recoñecer, a través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico.

Kyoki significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais: quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? ou por distracción vestiu o xersei do revés? ou saíu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?.

Kyoki retrata un deses días catastróficos, máis é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asisten cada día ó proceso implacable do declinio das súas capacidades vitais.

A seguinte obra do ciclo de teatro será O dragón de ouro, da compañía Sarabela Teatro, neste caso para público adulto. A cita o xoves, 17 de outubro, no Edificio Multiusos ás 20:15 h, sendo o prezo da entrada xeral de 5 euros e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...