HomeTerra de LemosMonfortePrimeira festa da campaña 'Regala en Nadal, Merca en Local'

Primeira festa da campaña ‘Regala en Nadal, Merca en Local’

Tivo lugar o pasado sábado en Monforte estando organizada de forma conxunta pola Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este pasado sábado 14 de decembro, tivo lugar a primeira festa da campaña Regala en Nadal, Merca en Local na cidade de Monforte. A iniciativa, impulsada de forma conxunta pola Deputación de Lugo e a Federación Galega de Comercio, busca fomentar o consumo responsable e impulsar a economía local durante unha das tempadas festivas máis importante en vendas do ano.

A Praza de España da capital da Ribeira Sacra acolleu desde as 17.00 horas desta tarde actividades de animación, actuacións infantís, música, chocolatada e sorteos en directo de tres tarxetas prepago: unha de 500€, outra de 1.000€ e unha última de 3.000€.

Antes do último sorteo, o Alcalde de Monforte e Presidente da institución provincial, José Tomé Roca, animou aos veciños e ás veciñas a mercar no comercio local, “porque cada euro que gastamos no comercio local é unha inversión nos nosos concellos”, e desexoulle a todos os participantes un Bo Nadal.

ÚLTIMAS

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...

“Non me gusta o fútbol moderno e non me gusta o VAR!”, ‘Chura’, exadestrador do C.D. Brollón

Juan Carlos Gallardo Martínez, coñecido popularmente como ‘Chura’, rematou a tempada como adestrador do...

Monforte celebra o San Antonio

O día grande das festas e xornada de gran tradición no barrio de San...