HomeDeportesA Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Poio foi escenario do Campionato Galego de Cros Xogade, onde se reuniron escolares de toda Galicia das categorías alevíns, infantís e cadetes. A proba reuniu a preto de 500 nenos e nenas de 52 clubs, 26 centros educativos e tres escolas deportivas municipais de toda Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez, Alba Lois; Alexia Sánchez e Claudia Carballal acadou a primeira posición que se lle escapara a fin de semana pasada na Rúa, demostrando o gran nivel deste equipo que se clasificou para disputar o Campionato de España

A nivel individual, os atletas do Saviñao Ismael Rodríguez e Sabela Nieves acadaron os dous o subcampionato na categoría cadete, e unha plaza para acudir coa Selección Galega ao campeonato de España de Cross por Federacións que se celebrará os días 24 e 25 en Getafe.

Atletismo A Gándara Cross escolar

Sara Pérez Pallín en sub16 e Iker Fernández Codesido en sub20 tamén acadaron a súa plaza para ir coa selección Galega.

Desde o Club da Gándara valoran moi positivamente os resultados acadados polos seus atletas no que vai de tempada. Ademais as categorías máis pequeñas do club acudirán este domingo ao Galego de cross que se celebrará na Pobra do Caramiñal.

Atletismo A Gándara Cross escolar

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...