Durante a gala presentada pola xornalista, Manola Porto, o alcalde, José Tomé sinalou o bo momento do deporte na cidade do Cabe, “este bo momento que estamos vivindo no deporte monfortino, é posible porque temos unha boa canteira de nenos e nenas, que teñen unhas excelentes cualidades para a práctica deportiva. A eles únense outros deportistas, adolescentes e xa adultos, que nos últimos anos estannos acostumando a que o nome de Monforte se asocie con éxito deportivo, gracias a eles e a elas”.
O rexedor municipal tamén salientou a aposta decidida que dende o Concello se leva facendo dende que Tomé Roca accedeu á alcaldía en 2015, “neste ano as axudas ós clubs superan os 132.500€. Mantéñense tamén as axudas para deportistas individuais con 10.000€, e a subvención para a participación en campionatos de España, europeos ou mundiais, posta en marcha polo Alcalde en 2022, alcanza os 12.000€. En total, superamos os 152.000 € este ano 2025”
Tomé destacou tamén a mellora en infraestruturas como a reforma dos campos de fútbol de herba artificial, a reforma das pistas de tenis, a instalación de novos toldos parasol na grada do campo municipal de fútbol da Pinguela e o acondicionamento da contorna no complexo deportivo da Pinguela, cun investimento de 190.000€. “Pero sen dúbida a actuación máis destacada foi a reforma integral do pavillón polideportivo da Pinguela e a reforma integral da Piscina municipal climatizada cuxas obras remararán a finais deste mes para comezar a funcionar entre finais de setembro e comezos de outubro”.

Premiados da 10ª Gala do Deporte de Monforte
En total, foron 30 o número total de candidaturas que se presentaron para participar nalgunha das categorías do concurso para elixir ás mellores persoas deportistas, adestradoras, árbitras e Clubs do ano 2025..
Os gañadores e gañadoras da 10ª Gala do Deporte de Monforte foron os seguintes:
- MELLOR DEPORTISTA FEMININA PROMESA: ANDREA GUDÍN PÉREZ
- MELLOR DEPORTISTA MASCULINO PROMESA: EXECUO GAEL DÍAZ DE LA FUENTE E GABRIEL PINTO ÁLVAREZ
- MELLOR ÁRBITRO/A: ICÍA MARCOS GARCÍA
- MELLOR EQUIPO DE BASE: CATEGORÍAS INFERIORES DO C.N. MONFORTE
- MELLOR DEPORTISTA FEMININA ABSOLUTA: LUCÍA ROCA RODRÍGUEZ
- MELLOR EQUIPO ABSOLUTO: EQUIPO VETERANAS C.B. VAL DE LEMOS
- MELLOR ADESTRADOR/A: JOSÉ MARÍA VEGA
- MELLOR DEPORTISTA MASCULINO ABSOLUTO: IKER FERNÁNDEZ CODESIDO
- DEPORTIVIDADE E XOGO LIMPO: MANUEL BESTEIRO RODRÍGUEZ
- MELLOR CLUB: CLUB TAEKWONDO NEKA
Por outra banda, fora de concurso fíxose recoñecemento a Elena Sánchez Iglesias. Na entrega de premios, ademais do Alcalde, tamén estiveron presentes e participaron diversos membros do Equipo de Goberno, e da Corporación municipal. Este acto ten como obxectivo premiar e poñer en valor o esforzo e a dedicación de deportistas, Clubes, adestradores/as, técnicos/as e árbitros/as do Concello monfortino.