HomeTerra de LemosO SaviñaoActos do Concello do Saviñao polo 25N

Actos do Concello do Saviñao polo 25N

O concello organiza unhas charlas no colexio e rexeitará a violencia contra a muller con varios actos institucionais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello do Saviñao realizará varios actos para conmemorar o 25N, “Día internacional da eliminación da violencia contra a muller”.

Dende o pasado 21 de novembro e ata o vindeiro luns 28, a fachada da Casa do Concello lucirá un lazo luminoso que simboliza o rexeitamento á violencia de xénero. Así mesmo, este mércores 23 e o xoves 24 haberá dúas charlas no Colexio de Escairón que teñen como obxectivo destruír o canon de beleza. A relatora será Patricia González Vidal, traballadora social do Concello de Sober.

E xa o 25 de novembro, ás 12:00 h. diante da Casa do Concello manterase un minuto de silencio polas vítimas da violencia de xénero para a continuación proceder á lectura do manifesto.

ÚLTIMAS

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...