HomeCulturaAxenda teatral para esta fin de semana no Saviñao, Sarria e Monforte

Axenda teatral para esta fin de semana no Saviñao, Sarria e Monforte

Tres opcións preséntanse este sábado e domingo para poder gozar das artes escénicas en concellos do sur de Lugo. Dúas delas para público adulto, no Saviñao e en Sarria, e outra para público familiar no Concello de Monforte.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

Dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que se mantén en xira polas comarcas ata o 30 de decembro, hai dúas interesantes representacións teatrais para esta fin de semana, 2 e 3 de decembro respectivamente.

As propostas teatrais con entrada de balde, e financiadas pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, son as seguintes:

A cegueira de Cupido; porque o amor nunca é o que parece (GRUPO VIRAVENTOS)
Sábado 2 de decembro ás 19:30h no Auditorio Municipal do Saviñao.

Trátase dunha comedia de enredo para público adulto creada polos autores Candela López (tamén é a directora) e Marcos Vázquez. A peza dura 60 minutos.

SINOPSE
Estas son catro historias independentes sobre as relacións de parella, que aínda que nun primeiro momento non teñen nada que ver, acaban enredándose e mesturándose as unhas coas outras. Unha sucesión de acontecementos surrealistas e absurdos, serven para mostrar como ás veces as relacións están marcadas por estereotipos sociais que non nos deixan actuar libremente polo medo ao que dirán. De seguro que o público se sentirá identificado con algún dos personaxes da obra, sempre desde a perspectiva do humor.

Fuga (Cia 57 PALABRAS)
Domingo 3 de decembro ás 20:00h na Casa da Cultura de Sarria.

É unha comedia de acción orientada a público de máis de 14 anos baixo a autoría de Jordi Galcerán e a dirección de Patricia Neira. Dura 80 minutos.

SINOPSE

Nesta historia ninguén é o que parece. Un grupo de timadores intenta estafar a un político caído en desgracia pola súa ambición, pero este tampouco é tan parvo coma eles pensan, ou iso cre el. Con este fio argumental, abórdanse temas serios cun tono de humor, como a infidelidade, a corrupción, a dependencia, a avaricia e a procura do amor. A intriga manterase ata o final.

TEATRO PARA PÚBLICO FAMILIAR EN MONFORTE

Dentro do Ciclo da Rede de Teatros e Auditorios da Xunta, o Concello de Monforte ofrece este domingo 2 de decembro ás 18:00 h. no Edificio Multiusos a obra The show moscón de Galitoon, obra composta e dirixida por Francisco Casteleiro e coa interpretación de Lucía Aibar e Chisco Casteleiro.

É unha obra dirixida a público infantil e familiar, cun prezo de 5 euros a entrada xeral e de 3 euros para estudantes, desempregados e xubilados.

SINOPSE

The Show Moscón é un circo ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo e rollizo. Un marabilloso circo, representado por un armario que abre as súas portas para mostrar os seus diferentes números. Nace como homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas ó longo destes anos e utilizadas nos seus distintos traballos de teatro e televisión, así como, a través da inspiración do traballo doutras compañías de teatro e circo como: Hugo & Ines, GaiaTeatro, Cia El retrete de Dorian Grey, Jordi Bertran Company o Mago Lioz Shem.

Dentro do armario, poderemos desfrutar de verdadeiras divas da canción, absurdos números musicais, espeluznantes magos e mentalistas, incribles bebés equilibristas, marabillosos números de danza e un sen fin de humor.

ÚLTIMAS

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...

Daveiga, ‘Premio Galicia Alimentación 2025’

O Clúster Alimentario de Galicia outorgoulle á empresa chantadina Daveiga Producción Responsable, moi coñecida...