Papá Noel chega ao Concello do Saviñao este venres 22, día do sorteo da Lotería Nacional. Comeza o seu percorrido en tren polas rúas de Currelos ás 16:30 h. e a continuación fará unha parada para recibir aos nenos no Centro Sociocultural. Ás 18:00 h. fará o mesmo pero polas de Escairón. No tren poderán subirse as nenas e nenos que, ademais de Santa Claus, terán como compañeiros de viaxe a Mickey e Minie Mouse. Xa diante do Concello do Saviñao, fará a recepción oficial e haberá chocolate con churros.
Unha das curiosidades do programa é o Belén Vivente que realizarán nenas e nenos da catequese. A escenificación será en Escairón os días 25 e 30 de decembro e o 5 de xaneiro; o 25 ás 12:00 h. na Igrexa de Escairón despois da mida e o 30 na Praza Maior ás 20:00 h. O 5 de xaneiro poderase ver na Igrexa de Escairón despois da misa das 19:00 h.
OBRADOIROS
A ludoteca de Escairón ofrece unha chea de obradoiros relacionados co Nadal os días 26, 27, 28 e 29 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro. Neles poderase facer dende un boneco de neve reciclado, ata adornos para a árbore, flores recicladas, un recipiente de uvas de fin de ano e marcapáxinas.Tamén hai a posibilidade de anotarse a dous de cociña. Un o 28, no que se elaborará piña de Nadal con cereais, e outro o 3 de xaneiro para facer pizzas especiais de Nadal.
CABALGATA DE REIS E ACTIVIDADES SOLIDARIAS
Será o 5 de xaneiro e comezará ás 16:30 h. cun percorrido que como é tradicional comezará nas rúas de Currelos. Aquí a recepción será no Centro Sociocultural.
Ás 18:30 h. os Reis Magos farán un percorrido polas súas de Escairón, visitarán a Residencia de maiores, visitarán o Belén vivinte da Igrexa e rematarán coa recepción ás nenas e nenos no Auditorio Municipal.
Outras iniciativas que cómpre salientar é unha recollida solidaria de xoguetes e unha cea de noiteboa para persoas soas o 24 de decembro. Organiza Cáritas parroquial e a cea será na Casa Parroquial.