HomeTerra de LemosO SaviñaoSegue na UCI a moza accidentada no Saviñao

Segue na UCI a moza accidentada no Saviñao

Publicado o

- Advertisement -

A moza que resultou gravemente ferida no Saviñao tras caer o vehículo no que viaxaba por un barranco segue ingresada na Unidade de Coidados Intensivos (UCI), segundo informaron fontes hospitalarias consultadas por Europa Press.

O accidente produciuse na vía LUP-5819, pasando por Praia da Cova e a persoa ferida, de acordo coa información facilitada por bomeros de Chantada, era unha das que ía na parte de atrás do vehículo.

O coche deu varias voltas de campá, pero quedou entre árbores e a persoa ferida grave non estaba atrapada por ningún elemento metálico, aínda que si se requiriu o uso de materiais específicos ao non poder saír por si mesma e dado as súas feridas. Por iso, tivo que se rescatada polos bombeiros de Chantada utilizando maquinaria especializada para levantar á moza nunha padiola. Ademais, tivo que ser intubada debido ás lesións que tiña.

Aínda que todos os ocupantes do turismo saíron polos seus propios medios, non todos puideron chegar á vía nas mesmas condicións. Por iso, ademais dos voluntarios de Protección Civil local, tiveron que intervir os bombeiros para aplicar a maquinaria necesaria e sacar do barranco á persoa en estado grave.

ÚLTIMAS

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...

Decoracións de Nadal no rural de Pantón

Dende o pasado sábado 13 de decembro, e ata pasar Reis, pódense ver as...