HomesociedadeA A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de...

A A.V. do Saviñao pide unha ordenanza que prohiba a plantación de árbores pirófitas no municipio

A Asociación Veciñal do Saviñao solicita á alcaldía do Concello do Saviñao, a adopción dunha ordenanza que prohíba a plantación de árbores pirófitas no territorio municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como antecedentes, a Asociación explica que este verán quedou patente o poder devastador dos lumes, “e vistas as dificultades para frealo nun territorio plagado de piñeirais, e tendo en conta que estos fenómenos vanse repetir cada vez con máis frecuencia, debido á emerxencia climática que estamos a vivir, son horas de que dende todas as institucións se adopten urxentemente medidas preventivas para mitigar esta ameaza real que acaba arruinando á poboación e afondando no despoboamento da nosa área”

A Asociación solicita así, a creación dunha ordenanza na que se prohíba a plantación de árbores pirófitas, “que imposibilitan a extinción dos incendios e aceleran a extensión dos mesmos. O eucalipto, árbore extremadamente inflamable e o piñeiro, que coa metralla expansora das súas piñas convértese nun perigosísimo combustible”.

Solicitan que se aborde o tema con seriedade e coa intención de previr “outra catástrofe incendiaria como a deste verán”.

ÚLTIMAS

Irmandamento entre a Feira do Viño de Amandi e a Festa da Filloa de Muimenta

O Concello de Sober aproveita a conta atrás da Feira do Viño de Amandi...

CSIF esíxelle ao Concello de Taboada maior financiamento para o SAF

Este escrito enmárcase nunha iniciativa que o sindicato está a desenvolver en todos os...

Os Bolechas ensinan sobre compostaxe doméstica na publicación “Os composteiros de Monforte”

“Os composteiros de Monforte” está protagonizado polos coñecidos Bolechas, encargados de ensinar á rapazada...

O Goberno inviste 1,2M€ na mellora da N-540 ao seu paso por Chantada

Durante a visita, a subdelegada explicou que esta intervención forma parte do conxunto de...