HomeCulturaA mostra de cinema portugués Vendaval chega de novo á Ribeira Sacra

A mostra de cinema portugués Vendaval chega de novo á Ribeira Sacra

Celebrarase do 25 ao 30 de agosto en diferentes concellos da Ribeira Sacra. A xornada inaugural, que versará sobre a xentrificación e as dinámicas das cidades modernas, será o martes 25 no lugar coñecido como A Palleira, situada en Manán (Sarria).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Vendaval, Mostra de Cinema Portugués da Ribeira Sacra, regresa na súa terceira edición para converter o rural galego nun punto de encontro coa cinematografía lusa. Entre o 25 e o 30 de agosto, os concellos de Sarria, Sober, O Saviñao e Bóveda acollerán unha variada programación que inclúe proxeccións, música e formación.

A programación comezará o martes 25 ás 22:00 horas nun espazo singular coñecido como A Palleira, situado en Manán no Concello de Sarria. Trátase dun refuxio de artistas que aposta pola comunidade e a natureza a través da creatividade. A xornada centrarase na xentrificación e as dinámicas das cidades modernas a través de catro curtametraxes.

Mostra de Cinema Portugués ‘Vendaval’ (arquivo). Foto: Dario Eyre
CURTAMETRAXES DA PRIMEIRA XORNADA

Bad for a moment (Daniel Soares, 2024): Unha ficción na que o equipo dun estudio de arquitectura se confronta coa realidade dun barrio social en proceso de xentrificación durante unha actividade de team building. A proxección contará coa presenza da actriz Ana Vilaça.

STOP – Salas de ensaio para um materialismo histórico (Jorge Quintela, 2025): Este documental, que contará coa presenza do seu director, ensaia sobre a transformación do mítico Centro Comercial Stop no Porto desde unha perspectiva materialista.

Maio (Claudio Carbone, 2025): A obra narra a presión institucional e a precariedade que viven os residentes do barrio 6 de Maio en Lisboa, utilizando a porta como metáfora da súa constante incerteza.

Cães que ladram aos pássaros (Leonor Teles, 2019): Sigue a Vicente mentres percorre un Porto transformado polo turismo e a xentrificación durante as súas vacacións escolares.

CURSO ‘FILMAR DEPOIS DO IMPÉRIO’ CON MARGARITA CARDOSO

A prestixiosa cineasta Margarida Cardoso impartirá por primeira vez en Galicia o curso Filmar Depois do Império. A formación terá lugar o 29 e 30 de agosto na Casa da Memoria (Xullán, Bóveda).

Cardoso, cuxa obra foi premiada en festivais como Venecia ou Locarno, abordará como o cinema portugués confrontou a herdanza colonial e a memoria das guerras en África. O curso revisitará filmes como Natal 71 ou Banzo (que terá a súa estrea galega no Vendaval o sábado 29 tras triunfar nos Premios Sophia). A inscrición inclúe almorzos, comidas e acceso a todas as actividades do festival.

Na páxina web do festival pode atoparse toda a información necesaria para as inscricións no devandito curso.

ÚLTIMAS

O Club Quixós de piragüismo remata a tempada cun segundo posto no Campionato Galego de Promoción Slálom

O Campionato Galego de Promoción Slálom contou esta mañá en terras pontevedresas con 51...

Un incendio en Ribas de Sil calcina unha superficie de tres hectáreas

Ribas de Sil rexistrou esta tarde un incendio forestal que calcinou unha superficie de...

Sorteo de prazas do Programa Activa Monforte o 14 de outubro

O sorteo público de prazas do Programa Activa 2026-2027 que se celebrará o vindeirmércores...

O 17 de outubro “Vémonos no Camiño” percorrerá o treito entre Pantón e Belesar

A andaina comezará ás 10:00 horas no Mosteiro de Ferreira de Pantón, nunha xornada...