Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro de Outono 2026 do Círculo Saviñao. Esta senlleira asociación do Concello do Saviñao fará posible que todos os sábados de novembro e decembro se represente unha obra de teatro ás 18:00 horas no Auditorio Municipal.
Das 8 propostas escénicas, tres delas son para público infantil e as dúas últimas serán de monicreques. Ademais, seis das obras que se representarán pertencen ao ciclo de teatro profesional e dúas ao ciclo de teatro afeccionado.
Esta iniciativa cultural que achegará o teatro á veciñanza do Saviñao é posible grazas á colaboración e patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
AXENDA DE REPRESENTACIÓNS
NOVEMBRO
Día 7 — Grupo Hospital de Lugo: «Paga e cala» (Ciclo de Teatro afecccionado)
Día 14 — Lîlâ Teatro: «Abra da cabra»
Día 21 — Colectivo Ollomao: «Dona Clara» (Ciclo de Teatro afecccionado)
Día 28 — Bátega Teatro: «Divers@s» (Para público infantil)
DECEMBRO
Día 5 — Satori Teatro: «Cores do camiño»
Día 12 — Sr. López Producións: «A vida é un soño»
Día 19 — Mircromina Títeres: «Raio the Loubicán» (Títeres. Para público infantil)
Día 26 — Trécola Producións: «Pituquito literal» (Títeres. Para público infantil)

