HomeEconomíaAnuncian o comezo das obras para a estrada que une Ferreira de...

Anuncian o comezo das obras para a estrada que une Ferreira de Pantón e Escairón

A partir da próxima semana, estenderase o aglomerado en quente para, despois, instalar a nova sinalización horizontal e vertical.

Publicado o

- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo e responsable directo da área de Xestión Territorial, José Tomé Roca, anunciou este mércores o inicio das obras de mellora da estrada provincial LU-P-4102, que une Ferreira de Pantón con Escairón, nos concellos de Pantón e O Saviñao, respectivamente.

As actuacións, nas que a Deputación inviste máis de 145.000 euros, desenvolveranse entre os puntos quilométricos 3,7 e 6,1 -algo máis de dous quilómetros- comezaron hoxe con labores de limpeza nas cunetas.

A partir da próxima semana, estenderase o aglomerado en quente para, despois, instalar a nova sinalización horizontal e vertical.

Neste sentido, Tomé Roca remarcou que a estrada provincial é “unha vía de comunicación moi importante para os veciños e veciñas dos concellos da Ribeira Sacra, xa que conecta co centro urbano de Pantón e serve de acceso a servizos fundamentais da localidade, como o centro de día, a gardaría ou o tanatorio”.

O presidente da Deputación sinalou a importancia deste proxecto, “que forma parte do conxunto de actuacións que ten en marcha a institución na rede viaria provincial, a máis extensa de España, con 4.200 quilómetros”.

“Seguimos traballando nun dos nosos principais obxectivos, como é a mellora das comunicacións viarias, necesarias para aumentar a calidade de vida dos veciños e veciñas, e favorecer o reequilibrio territorial”, indicou a Deputación nun comunicado.

ÚLTIMAS

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...