O Concello de Pantón, como xa é habitual estes últimos anos, deixa o seu desfile para o sábado seguinte ao fin das datas propias do entroido que rematan co mércores de cinsa e o enterro da sardiña.
A estratexia é boa pois cada ano vai a máis. Algún dos presentes este sábado, chegados de Monforte, dicían que este desfile está moi ben e no caso deste ano “case non tiña nada que envexar ao de Monforte”. Bastantes comparsas e carrozas desfilaron por Ferreira ata rematar na Praza do Concello onde se esperou ao veredicto para coñecer os premiados e premiadas mentres amenizaba o ambiente a música dunha charanga e unha batukada.
OS PREMIOS
Comparsas de Adultos de 10 ou máis compoñentes
1º premio: A chegada da Raíña de Inglaterra.
2º premio: Volver a Volar.
3º premio: Non hai fronteira no espazo.
Comparsas de Adultos entre 5 e 9 compoñentes
1º premio: A festa de Boris Johnson.
2º premio: Superpiluqueiros.
3º premio: quedou deserto.
Comparsas de Adultos entre 1 e 4 compoñentes
1º premio: Carrusel.
2º premio: El Dr. Coronavirus y su vacuna.
3º premio: A Pitufina.
Comparsas Infantís de 10 ou máis compoñentes
1º premio: Os panadeiros de Escairón botan fariña a mogollón.
2º premio: Os Playmóbil do Colexio Novo.
3º premio: As patacas da Gándara.
Comparsas de Infantís entre 5 e 9 compoñentes (Deserto na totalidade)
Comparsas de Infantís entre 1 e 4 compoñentes
1º premio: ETÉ.
2º e 3º premio quedaron desertos.